Santa Rosa, Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa do concello.

Santa Rosa é a capital de La Pampa e a cidade cabeceira do Departamento Capital. Constituída por 54 barrios, está situada xeograficamente no centro de país, nun contexto de transición, entre a estepa temperada e a estepa seca (a pampa seca e a pampa húmida).

Contaba no ano 2001 cunha área metropolitana de 102.399 habitantes, sendo 94.340 habitantes da capital provincial e de Toay os 8.059 habitantes restantes, o que fai esta área a 26º aglomeración da Arxentina, segundo o censo nacional do 2001. O censo de 2010 arroxou 124.101 habitantes para o Gran Santa Rosa composto pola súa cidade satélite Toay e arredores.

Fundada o 22 de abril de 1892 como “Santa Rosa del Toay”, Santa Rosa foi sucesivamente capital do Territorio Nacional de La Pampa (1900-1951), da Provincia Eva Perón (1951–1956) e finalmente da Provincia de La Pampa (1956–actualidade). O nome “Santa Rosa del Toay” estivo vixente até o 1 de maio de 1916.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Rosa, Arxentina

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]