Provincia de Choiseul
A provincia de Choiseul é unha das nove que forman as Illas Salomón. Está situada entre a illa de Bougainville (Papúa Nova Guinea) e Santa Isabel, no oeste do arquipélago.
Consta principalmente da illa de Choiseul cunha superficie de 3.294 km², e tamén están incluídas tres pequenas illas de ao redor: Taro (100 km²), Vaghena (243 km²) e Rob Roy (200 km²). Ten unha poboación de 20.000 habitantes. A súa capital é Taro, na illa do mesmo nome.
Historia[editar]
Descubrimento e nome[editar]
Cando o explorador español Álvaro de Mendaña e Neira descubriu a illa en 1568, chamouna San Marcos.
Foi esquecida durante 200 anos ata que o explorador francés Louis Antoine de Bougainville descubriuna de novo e chamouna Choiseul.
Era colonial[editar]
Igual que Buka, Bougainville (agora parte de Papúa Nova Guinea), Illa de Santa Isabel e Illas Ontong, formou parte das Illas Salomón Alemás ata 1899, cando Alemaña as cedeu para que pasasen a formar parte das Illas Salomón Británicas, que lograron a súa independencia do Reino Unido desde xullo de 1977.
Durante a II Guerra Mundial, parte de Choiseul foi ocupada por forzas xaponesas, cuxa guarnición foi invadida pola mariña estadounidense en outubro e novembro de 1943.