Nova Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nova Xeorxia
NewGeorgiaGroupCloseup.png
O grupo das Illas Nova Xeorxia
Solomon Islands - San Georgia.PNG
Localización da illa nas Illas Salomón
Situación
País Illas Salomón
Provincia Occidental
Arquipélago Illas Nova Xeorxia
Mar Océano Pacífico
Xeografía
Superficie 2.044 km²
Longura máxima 72 km.
Punto máis alto 1.007
Demografía
Capital Munda
Densidade hab/km² hab./km²

Nova Xeorxia[Cómpre referencia] é unha illa das Illas Salomón, no Océano Pacífico sur. É a maior das illas que forman parte da provincia Occidental e está integrada no grupo das Illas Nova Xeorxia. A principal cidade da illa é Munda, no lago Roviana, seguida de Boro, 17 km ao norte da primeira, ambas con máis de 3.000 habitantes.

Características[editar | editar a fonte]

Ten unha lonxitude de 72 km no seu lado máis longo e unha superficie de 2.044 km². O punto máis elevado da illa ten unha altura de 1.007 metros. Está situada, do mesmo xeito que o resto das illas do grupo no lado inferior do estreito de Nova Xeorxia. A illa de Kolombangara atópase ao oeste, tras o golfo de Kula, a illa de Vanguna ao leste, e a canle Blanche e as illas de Rendova e Tetepare ao sur.

A illa está cuberta de bosques tropicais, e as actividades económicas principais son a pesca e a silvicultura.

Durante a Segunda Guerra Mundial a illa foi tomada polas tropas xaponesas e posteriormente invadida polas tropas estadounidenses durante a Batalla de Nova Xeorxia. Os primeiros desembarcos estadounidenses producíronse o 30 de xuño de 1943 e a illa foi controlada o 23 de agosto do mesmo ano tras intensas loitas na xungla, aínda que os combates continuaron ata outubro. A cidade de Munda foi a base do exercito xaponés e non foi tomada polos estadounidenses ata o 5 de agosto. As instalacións xaponesas de Bairoko Harbor, a 13 km ao norte de Munda, non foron tomadas ata o 25 de agosto.

Na illa fálanse linguas do grupo das linguas de Nova Xeorxia, do grupo austronesio, que á súa vez se dividen en occidentais e orientais.