Illa de Santa Isabel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Isabel
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Situación da Illa de Santa Isabel.

[[]]
Datos
Capital Buala
País Illas Salomón
Linguas
Poboación (2007)
Superficie 2.999 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 8°00′21″S 159°01′50″E / 8.00583°S 159.03056°E / -8.00583; 159.03056
Maior Altura 1.220 m. Monte Sasari

A Illa de Santa Isabel é a de maior lonxitude das Illas Salomón, situadas en Oceanía, e a súa extensión de 2.999 m² fai que sexa a de maior extensión da provincia de Isabel.

A illa está comprendida entre a provincia de Choiseul ao oeste, de Malaita ao leste, o Océano Pacífico ao norte e o estreito de Nova Xeorxia ao sur.

Os españois foron os primeiros europeos en chegar á illa. En 1568 alcanzou a illa a expedición de Pedro Sarmiento de Gamboa, Pedro de Ortega e Álvaro de Mendaña.

O punto máis elevado da illa é o Monte Sasari de 1.220 metros de altitude. O río máis importante da illa, o Marutho nace no Sasari e desemboca ao oceano en Hofi.

O centro administrativo da illa é Buala, cidade que alberga o aeroporto da illa. Outro centro de poboación importante é Samasodu.

SantaIsabelmap.png