Choiseul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Choiseul
Vista da illa
Choiseulandneighbourhood.png
Datos
Capital Malevangga
País Illas Salomón
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (1999) 20.000 hab.
Superficie 2.971 km²
Densidade
Coordenadas 7°08′S 157°0′E / 7.133°S 157.000°E / -7.133; 157.000
Maior Altura 1.067 m. Mount Maetambe
Localización
Localización  da illa
A illa de Choiseul vista desde o espazo.

Choiseul, nome nativo Lauru, é a illa máis grande 2.971 km² da provincia de Choiseul nas Illas Salomón.

En Choiseul vivian uns 20.000 habitantes en 1999. Polo xeral, viven en pequenas aldeas nas costas oeste e este, a capital Malevangga está no norte.

Historia[editar | editar a fonte]

Descubrimento e nome[editar | editar a fonte]

Cando o explorador español Álvaro de Mendaña e Neira descubriu a illa en 1568, chamouna San Marcos.

Foi esquecida durante 200 anos ata que o explorador francés Louis Antoine de Bougainville descubriuna de novo e chamouna Choiseul na horna do navegante frances Étienne François, duque de Choiseul.

Era colonial[editar | editar a fonte]

Igual que Buka, Bougainville (agora parte de Papúa Nova Guinea), Illa de Santa Isabel e Illas Ontong, formou parte das Illas Salomón Alemás ata 1899, cando Alemaña cedeunas para que pasasen a formar parte das Illas Salomón Británicas, que lograron a súa independencia do Reino Unido desde xullo de 1977.

Durante a II Guerra Mundial, parte de Choiseul foi ocupada por forzas xaponesas, cuxa guarnición foi invadida pola mariña estadounidense en outubro e novembro de 1943.