Project Zomboid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Project Zomboid
Desenvolvedor(es)The Indie Stone
Distribuidora(s)The Indie Stone
Lanzamento8 de novembro de 2013
Xénerosurvival horror e videoxogo de rol
Modos de xogovideoxogo para un xogador, videoxogo multixogador e modo cooperativo
Plataforma(s)Linux, Microsoft Windows, macOS e Linguaxe Java
Na rede
https://projectzomboid.com/
Youtube: UCGSV74vCOQFskUUsPVm6_Bw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Project Zomboid é un videoxogo de mundo aberto isométrico en desenvolvemento polo equipo británico-candiense The Indie Stone. O xogo comeza nun mundo post-apocalíptico, na zona de exclusión zombi da ficticia Knox County, en Kentucky, onde o xogador é desafiado para sobrevivir o maior tempo posíbel antes de inevitablemente, morrer. Foi un dos cinco xogos lanzados na "alpha funding section" do portal de videoxogos Desura.[1]

No 2011, The Indie Stone foi vítima dun roubo no que subtraeron dous portátiles que contiñan o código do videoxogo. Dende entón, Project Zomboid apareceu no Steam Early Access e continúa en desenvolvemento hoxe en día. Project Zomboid é o primeiro xogo de The Indie Stone comercialmente vendido.[2] A versión máis tardía e estable é a Versión 41, publicada en decembro do 2021, o cal inclúe unha revisión das animacións, combate, música e son novo, e a nova cidade de Louisville, Kentucky, e un multixogador renovado por General Arcade.[3][4] Project Zomboid está ambientado en 1993, co xogo arrancando por defecto o 9 de xullo; aínda que con todo, a data de inicio e o tempo poden ser cambiados nos axustes do xogo.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia de Project Zomboid e o Evento Knox é sabido a través de emisións de radio e canles de televisión, as cales despois do 18 de xullo, a maioría destas canles terminan as súas emisións. A causa e a orixe da Infección de Knox é descoñecido, pero pese a iso, é teorizado por varios periodistas en KnoxTalk, unha estación de radio no xogo, que podería ser unha enfermidade prión, un acto de Deus, ou bioterrorismo. O método de propagación da enfermidade sábese que é por saliva, sangue, e máis adiante, por gotas de auga no aire. De todas formas, o xogador principal (o noso carácter) é inmune á última forma de infección (e por iso non sucumbe á enfermidade por ese método). Os demais métodos de transmisión si que afectan ao noso carácter, o cal despois de ser infectado, empezará a experimentar ansiedade e náuseas, que progresivamente empeorará até que o xogador finalmente sucumbe á infección, pois non hai ningunha cura para a Infección Knox; é invariablemente fatal.

O xogo comeza o nove de xullo de 1993, aproximadamente tres días após o exército dos Estados Unidos montara un bloqueo que rodea as áreas infectadas de Muldraugh, Riverside, West Point, e Rosewood. O Xeneral John McGrew, un xeneral do Exército dos Estados Unidos de América a cargo das medidas de contención dentro da Zona de Exclusión de Knox County, máis tarde publica un comunicado con respecto ao acontecemento, dicindo ás persoas que manteñan a calma e que "NON hai evidencia de fatalidades dentro da Zona de Exclusión."

O 11 de xullo, a OMS paraliza todos os voos non médicos ou militares internacionalmente para protexer a outros países de ser infectados. Debido a isto, os disturbios empezan a estalar a través de todos os Estados Unidos, e os toques de queda entran en vigor na Cidade de Nova York e Miami despois de que os disturbios causaran múltiples danos e mortes. Máis tarde nese mesmo día, unha imaxe é filtrada desde West Point aos medios de comunicación, mostrando un home cun único brazo con sangue na súa boca, parado nunha rúa chea de corpos mortos.

O 14 de xullo, miles de persoas infectadas penetran o bloqueo militar que rodeara á Zona de Exclusión, facendo que os militares se tiveran que retirar. Louisville tamén é infectada ao redor deste tempo, a pesar de que o xogador pode visitar Louisville o 9 de xullo e atopalo infestado con zombis. A medida que a zona de exclusión amplíase, é revelado que o virus está empezando a estenderse polo aire. Nun último esforzo, os Estados Unidos destrúe as pontes que cruzaban o Río de Ohio, atrapando a calquera supervivente e zombi dentro do Knox County.

Finalmente, o 17 de xullo, hai casos do virus confirmado en Cincinnati, múltiples cidades en Inglaterra, Mogadixo, Seúl, e Okinawa. John McGrew entrega unha emisión final, chamando ás armas para defenderse dos zombis e tamén para defender aos Estados Unidos.

Xogabilidade[editar | editar a fonte]

En Project Zomboid, o xogador céntrase en sobrevivir polo maior tempo posíbel nunha área apocalíptica infestada de zombis aos arredores da cidade de Louisville, Kentucky - referido como 'Knox County' - a cal foi posta en corentena polo goberno.[5] O xogador pode escoller a aparencia do seu carácter, ocupación e trazos antes de seleccionar o punto de aparición dentro de catro cidades de partida, no que o tipo de ocupación escollida tamén influirá onde aparece o carácter (ex.: Un bombeiro ten unha posibilidade máis alta de aparecer nunha estación de bombeiros se a cidade escollida ten unha). Ademais de ter que evitar zombis, o xogador ten que xestionar as súas necesidades persoais (como a fame, a tensión, fatiga, e o aburrimento entre outras) para manterse con vida, buscando subministracións e usando técnicas de supervivencia. O xogador pode subir os niveis das súas habilidades facendo actividades relacionadas con esa certa habilidade e lendo libros de habilidades (que dan un aumento na rapidez da obtención de puntos de habilidades) e tamén lendo revistas. O xogo ademais utiliza o estilo tradicional de George A. Romero no que os zombis móvense lento, pero no que existen outros máis rápidos, e un modo de mundo aberto que inclúe un axuste para ter zombis "sprinter" (corredores) ao estilo 28 Days Later.

O xogo presenta unha variedade de modos de dificultade predeterminados, xunto cun modo de mundo aberto, o cal deixa ao xogador personalizar os axustes da súa partida, como a poboación zombi, a transmisión do virus, e a rareza do botín.

'Knox County' - a rexión xogable en Project Zomboid - baséase moito na Área metropolitana de Louisville. As cidades de Muldraugh, West Point, e Louisville están replicadas no mundo do xogo xunto con outras zonas ficticias, como Riverside, no que o mundo pasa a ser máis desolado e decrépito co paso do tempo, coa auga e a electricidade sendo desactivadas nun período variable dun mes despois do inicio do xogo, seguido coa erosión e crecemento excesivo das plantas nas estruturas rexionais. Adicionalmente a todo isto, o xogo presenta escenarios 'desafío', algúns dos cales están en mapas separados máis pequenos e/ou presentan elementos únicos na xogabilidade. Por dar un exemplo, hai un desafío sobre unha tormenta de inverno interminable ou unha horda zombi que persegue ao xogador.

A comunidade modder tamén é moi activa neste xogo, permitindo unha customización maior na xogabilidade. Os mods van desde cambios menores na calidade de vida, como unha barra visible de resistencia, fame e auga, ata revisións completas das mecánica e o xogo. Estes mods poden ser atopados no Taller da Comunidade de Steam. A comunidade deste xogo tamén actualiza activamente a wiki do xogo.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Release timeline
20110.0.0
Pre-alpha
20120.2.0
Versión Experimental do Combate
2013Versión 1
Versión 11: "Lanzamento en Steam"
Versión 14
Versión 19
Versión 20
Versión 21
Versión 23
2014Versión 25
Versión 26: "A actualización do multixogador en liña e modelos 3D"
Versión 27: "Trampas"
Versión 28: "Revisión das armas"
Versión 29: "Rebuscar"
Versión 30: "Erosión"
2015Versión 31
Versión 32: "O taller de Spiffo".
2016Versión 33
Versión 34
Versión 35
2017Versión 36
Versión 37
Versión 38: "A pre-actualización dos vehículos".
2018Versión 39: "A actualización dos vehículos".
Versión 40: "A actualización do clima"
2019
2020
2021Versión 41: "Revisión das animacións"

Segundo os desenvolvedores, o xogo foi algo que "sempre quixeron facer" e o seu "xogo desexado" a pesar de que sentiron que serían incapaces de facelo debido á falta tempo. Isto cambiou após o éxito de Minecraft, o cal mostroulles "outro xeito de desenvolver un xogo" que produciría un resultado máis rápido.[6] Segundo o equipo, a principal inspiración para o xogo foron as películas de zombis en lugar dos videoxogos de zombis.[6]

Comezos[editar | editar a fonte]

O xogo foi primeiro publicado o 25 de abril de 2011, como unha demo técnica.[7] Foi escrito na linguaxe de programación Java pola súa portabilidade, usando LWJGL.[8]

Contratempos[editar | editar a fonte]

En xuño de 2011, pouco despois da publicación do xogo como unha demo pre-alpha de paga, o xogo foi filtrado, e copias non autorizadas comezaran a espandirse por moitas outras páxinas web.[9] A versión non autorizada do xogo permitía a descarga de actualización automática desde os servidores de Project Zomboid con só premer o botón "actualizar agora", dando igual que o usuario teña a versión auténtica ou non. The Indie Stone para evitar que a xente seguira pagando pola pre-alpha cando o xogo está circulando gratis, desactivou a versión de pago e en vez de iso, publicou unha "demo técnica pública" gratis ao día seguinte para evitar perder "diñeiro potencial".[10][11]

O 15 de outubro de 2011, o piso de dous desenvolvedores foi roubado, e subtraeron dous portátiles que contiñan unha gran parte do código do xogo, o cal non foi respaldado de maneira correcta.[12] Isto resultou en demoras severas ao desenvolvemento de xogo.[13][14] Debido a este contratempo, deron unha presentación en Rezzed titulado "Como (non) facer un videoxogo", falando dalgunhas leccións que aprenderon dende o inicio do proxecto.[15]

Continuación[editar | editar a fonte]

O 8 de novembro do 2013, Project Zomboid foi publicado no Steam Early Access .[16] Pouco despois, en febreiro do 2014, The Indie Stone publicou unha versión multixogador por primeira vez.[17] Despois desta actualización, o xogo seguiu sendo actualizado co paso do tempo, con revisións numerosas á xogabilidade e son, así como unha eliminación e reintegración subseguinte, do multixogador mencionado.[18] O xogo considérase que está nunha "versión completa", pero no que se seguen engadindo regularmente novas cousas e arranxando erros. Os desenvolvedores tamén se comunican activamente cos xogadores, publicando blogues cada dúas semanas, os xoves, coñecidos como Thursdoids (chamados así por unha mestura de xoves en inglés, Thurs, e Doids, polo "Zomboid" no seu nome). Estes poden ser sobre actualizacións, servidores, cambios ou eliminación de erros na seguinte versión ou nos que ensinan mods.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "APZDTISA #3: Esta vez con multixogador en línea!". Desura.com. Consultado o 17 de febreiro de 2014. 
  2. "Xogos publicados por The Indie Stone no seu perfil de IndieDB". Indiedb.com. Consultado o 15 de maio do 2013. 
  3. "Project Zomboid - Versión 41 - Publicada!". Projectzomboid.com. Consultado o 20 de decembro do 2021. 
  4. "Xogo de supervivencia zombi 'Project Zomboid' engade servidores multixogador". Nme.com. Consultado o 14 de decembro de 2021. 
  5. "Sobrevive". Projectzomboid.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de xaneiro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 "Entrevista: Indie Stone sobre Project Zomboid". Rockpapershotgun.com. Consultado o 18 de abril do 2022. 
  7. "First release ever :: Project Zomboid General Discussions". 
  8. "APZDTISA #3: This time with LIVE MULTIPLAYER!". Project Zomboid. 17 de febreiro de 2014. 
  9. "Pirates force Project Zomboid offline". Eurogamer. Consultado o 21 de agosto do 2011. 
  10. "Sorry we've had to take the game down for the day". 2011-06-18. Arquivado dende o orixinal o 2013-02-14. 
  11. "FREE PUBLIC TECH-DEMO RELEASED!". 2011-06-19. Arquivado dende o orixinal o 2012-03-26. 
  12. "Project Zomboid Burglary: Statement". Arquivado dende o orixinal o 2013-03-18. 
  13. Good, Owen (16 de outubro de 2011). "Burglary Delivers Huge Setback to Indie Game Project Zomboid [Updated]". Kotaku. Consultado o 15 de maio de 2013. 
  14. Conditt, Jessica (16 de outubro de 201). "The Indie Stone is burgled, loses code for latest Project Zomboid update". Joystiq. Joystiq. Arquivado dende o orixinal o 2015-01-31. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  15. "Project Zomboid Rezzed Session - How NOT to make a game!". YouTube. 2012-07-10. Consultado o 2013-05-15. 
  16. "It's Been A Long Road…". Project Zomboid. 
  17. "APZDTISA #3: This time with LIVE MULTIPLAYER!". Project Zomboid. 17 de febreiro de 2014. 
  18. "B41 MP Test 41.60 Branch Released!". 9 de decembro de 2021. Consultado o 28 de xullo de 2022. 
  19. "Páxina de anuncios de Project Zomboid.". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]