28 Days Later

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

28 Days Later
Logo título do filme
Ficha técnica
Título orixinal28 Days Later
DirectorDanny Boyle
ProdutorAndrew Macdonald
GuiónAlex Garland
IntérpretesCillian Murphy
Naomie Harris
Brendan Gleeson
Megan Burns
Christopher Eccleston
MúsicaJohn Murphy
FotografíaAnthony Dod Mantle
MontaxeChris Gill
EstudioDNA Films
British Film Council
DistribuidoraFox Searchlight Pictures
Estrea2002
Duración113 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroFicción científica, terror
Orzamento£5 000 000
Recadación£52 833 190,55 (ou $82 719 885)
Filme seguinte28 Weeks Later
Na rede
http://www.foxsearchlight.com/28dayslater/
IMDB: tt0289043 Filmaffinity: 502524 Allocine: 46940 Rottentomatoes: m/28_days_later Mojo: 28dayslater Allmovie: v276152 TCM: 446730 Metacritic: movie/28-days-later TV.com: movies/28-days-later Netlix: 60027998Editar o valor em Wikidata

28 Days Later é unha película británica de terror. Foi dirixida polo británico Danny Boyle, estreada en Reino Unido o 1 de novembro de 2002. Deu lugar a unha secuela no 2007, 28 Weeks Later, e a unha novela gráfica.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A historia comeza cando unha incursión de activistas a favor dos dereitos dos animais ceiba a un grupo de monos infectados cun contaxioso virus que se transmite a través do sangue e a saliva. Mais o virus acabarase estendendo por todo o Reino Unido, transformando a case a totalidade da poboación en seres violentos e primitivos, e obrigando a declarar unha corentena total sobre a illa.

O protagonista, Jim (Cillian Murphy) desperta dun coma nun hospital londiniense 28 días despois de iniciarse a pandemia. Ao saír, Jim descobre un Londres deserto e apocalíptico. Ao anoitecer, Jim acaba sendo perseguido por un grupo de infectados, a atoparase con Selena e Mark, dous sobreviventes, que se dan desfeito dos infectados. Mark e Selena levan a Jim ao seu agocho no Metro de Londres. Mark explícalle a Jim como se expandiu o virus mutante polo Reino Unido arrasando todo, especialmente en Londres. Ao día seguinte, o grupo vai á casa de Jim e descobren que os padres de Jim, nun último intento de non ser infectados, se suicidaron. Ao anoitecer, uns infectados entran na casa; Mark e Selena logran matalos, mais Mark cortouse cun vidro, así que Selena execútao antes de que se converta nun infectado. Selena explícalle a Jim como o virus se contaxia por mordeduras, sangue e saliva, e que o virus tarda só 20 segundos en facer efecto.

Logo, tras ver unhas luces, chegan a un edificio de apartamentos abandonado onde coñecen a Frank e á súa fila Hannah. Fican con eles uns días e cando a auga e a comida comezan a escasear, Frank failles escoitar a Jim e Selena un anuncio por radio do exército que ofrece seguridade e un novo comezo, así que intentan dirixirse ao norte cara Manchester, o que lles levará 3 días. Cando chegan, encontran todos os helicópteros e autos militares baleiros. Frank acaba infectado polo virus nun accidente, caéndolle unha gota de sangue dun infectado que estaba morto recostado nunha planta superior, ao ollo deste. Cando Jim estaba a punto de golpear a Frank infectado aparecen militares para disparar e matar a Frank. A situación na mansión que utilizan como refuxio non é boa, xa que o plan dos militares inclúe converter ás compañeiras de Jim en escravas sexuais para repoboar a terra cando os infectados teñan morto por inanición. Jim e as súas compañeiras conseguen escapar, mais Jim é gravemente ferido por un disparo.

As derradeiras escenas da película mostran a Jim, Selena e Hannah nunha pequena casa no campo, fabricando un enorme cartel que di Hello ("ola") en espera de ser rescatados polos avións de recoñecemento que os sobrevoan.

Finais alternativos[editar | editar a fonte]

O DVD da película presenta tres finais alternativos, dous dos cales foron filmados, polo menos parcialmente, mentres que o terceiro apenas foi esbozado polos guionistas. Nos tres finais alternativos Jim morre, a diferenza da versión definitiva, na que se salva.

Jim morre no hospital[editar | editar a fonte]

Neste final, Jim é ferido polo disparo do comandante Henry West, e Selena e Hannah lévano a un hospital, pero as manobras de resucitación non funcionan, e ambas afástanse, armadas, a través do hospital deserto. No comentario incluído no DVD, Boyle e Garland explican que este foi a fin orixinal da película, pero que foi rexeitada despois de probalo con audiencias de control, por consideralo demasiado deprimente. En opinión dos guionistas, a imaxe final de Selena e Hannah saíndo do hospital quería dar a entender que sobrevivirían, mentres que os espectadores entenderon o contrario, que estaban condenadas a morrer. Pese a que finalmente o cambiaron, este final segue sendo o preferido polos guionistas, xa que consideran que así o círculo cérrase para Jim, quen empeza e remata a película nunha cama nun hospital deserto.

Rescate sen Jim[editar | editar a fonte]

Este final só foi parcialmente montado, e é unha versión alternativa para a secuencia final do rescate finalmente incluída na película. As escenas finais son idénticas, excepto polo feito de que Jim non aparece nelas. Este final debía aparecer a continuación do primeiro final alternativo, no que Jim morría no hospital.

Final radicalmente alternativo[editar | editar a fonte]

O final radicalmente alternativo nunca foi filmado, polo que no DVD só se mostra como unha serie de storyboards comentados por Boyle e Garland. Esta versión alternativa cambia completamente o curso da acción desde o momento no que Jim, Selena, Frank e Hannah se dirixen cara ao norte, e Frank se contaxia co virus nunha barricada preto de Manchester. Nesta versión, os militares non chegan a aparecer, e no seu lugar os protagonistas descobren un centro de investigación onde un científico lles ofrece unha posible vía de salvación para Frank: que reciba unha transfusión completa de sangue, eliminando así o virus do seu organismo. Jim, que resulta ter o mesmo tipo de sangue que Frank, ofrécese a intercambiar o seu sangre con el, de forma que Jim morre infectado, mentres que Frank sobrevive. Segundo os guionistas, a súa intención ao escribir esta versión era experimentar co que tería pasado se non houberan ampliado o núcleo dos catro protagonistas. Finalmente decidiron rexeitar este final porque a cura por transfusión completa non lles pareceu verosímil.

Elenco[editar | editar a fonte]

Actor/Actriz Personaxe
Cillian Murphy Jim
Naomie Harris Selena
Noah Huntley Mark
Brendan Gleeson Frank
Megan Burns Hannah
Luke Mably Soldado Clifton
Stuart McQuarrie Sarxento Farrell
Ricci Harnett Cabo Mitchell
Leo Bill Soldado Jones
Junior Laniyan Soldado Bell
Ray Panthaki Soldado Bedfort
Christopher Eccleston Comandante Henry West
Sanjay Rambaruth Soldado Davis
Marvin Campbell Soldado Mailer

Novela[editar | editar a fonte]

Steve Niles, xunto con Dennis Calero e Dan Nakrosis, crearon unha novela gráfica 28 Days Later: The Aftermath, que narra a historia antes de que Jim esperte no hospital.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]