Videoxogo para un xogador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un videxogo para un xogador, (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os videoxogos máis temperáns, como Tennis for Two, eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como Speed Race e Space Invaders. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron redes de área local para modos de multixogador, Doom é un exemplo notábel destes.

Os xogos máis importantes para un xogador teñen historias interesantes, gráficos impresionantes, e personaxes non xogables máis realistas e mellores adversarios. Os exemplos notábeis inclúen xogos de acción e aventura como The Legend of Zelda, xogos de plataformas como Mario e Sonic, xogos de sixilo como Metal Gear, xogos de horror e supervivenia como Resident Evil e Silent Hill, e FPS como Doom, Half-Life e Deus Ex.

Algúns xéneros de videoxogos están orientados cara o único xogador no seu deseño. Tales xéneros inclúen xogos de crebacabezas, como o Tetris, e xogos de rol (RPG), como Dragon Quest e Final Fantasy. Adicións recentes a estes xéneros, como os MMOG, ou videoxogos multixogador masivos en liña, que teñen versións multixogador de xogos como o Tetris, están servindo para desfacer esta tendencia.

A vasta maioría de xogos de consola e xogos de arcade son deseñados de modo que poden ser xogados por un xogador; a pesar de que moitos destes xogos teñen modos que deixan xogar a dous ou máis xogadores (non necesariamente simultaneamente), moi poucos de feito requiren máis dun xogador para poder ser xogado.