Sámara
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A semente do arce é un tipo de sámara.
Unha sámara é un aquenio ou froito seco, indehiscente que ten o pericarpio estendido a modo de á membranosa. Este tipo de froito ten como función facilitar a dispersión da semente valéndose do ar. Entre as especies vexetais que producen sámaras están varias árbores, como o arce, o freixo e o olmo.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa botánica que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |