Portal:Historia/Efemérides destacadas/28 de marzo
- 37, o emperador romano Calígula acepta o título de príncipe que lle concedeu o Senado.
- 193, o emperador romano Pertinax é asasinado pola Garda Pretoriana, que despois vendería o trono nunha poxa a Didio Xuliano.
- 845, París é saqueada polos Viquingos, probablemente baixo as ordes de Ragnar Lodbrok.
- 1809, prodúcese a Reconquista de Vigo, no marco da Guerra da Independencia española.
- 1854, Francia e Gran Bretaña decláranlle a guerra a Rusia durante a Guerra de Crimea.
- 1862, nace Aristide Briand, político francés considerado un dos precursores da unidade europea.
- 1871, proclámase formalmente a Comuna de París.
- 1930, Constantinopla e Angora cambian os seus nomes por Istambul e Ancara.
- 1939, o xeneral Francisco Franco conquista Madrid, catro días despois remataría a Guerra Civil Española.
- 1969, morre Dwight D. Eisenhower, 34º presidente dos Estados Unidos de América.