Poecilopsetta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Poecilopsetta

Poecilopsetta beanii
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Poecilopsettinae
Xénero: Poecilopsetta
Günther, 1880
Especies
Véxase o texto

Poecilopsetta é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pecilopsetinos.[1]

O xénero comprende varias especies de pequenos peixes planos propios das augas profundas da rexión Indo-Pacífica, agás dúas (P. beanii e P. inermis), que viven no Atlántico occidental.[2]

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1880 polo zoólogo, ictiólogo e herpetólogo británico nado en Alemaña Albert Günther.[1]

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes 15 especies:[1][2]

Xénero Poecilopsetta

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Heemstra, P. C. (1986): "Pleuronectidae". En M. M. Smith e P. C. Heemstra, eds. Smith's sea fishes. Berlín–Heidelberg–Nova York: Springer Verlag. ISBN 3-540-16851-6.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]