Pobos prerromanos da Península Ibérica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa etnográfico da Península Ibérica cara ao ano 200 a. C.

A denominación de pobos prerromanos da Península Ibérica define colectivamente ás comunidades culturais que habitaban o territorio peninsular nos períodos previos á conquista romana no I milenio a.C. (Idade de Ferro). Naquela altura a chegada de diversos pobos influíu nas culturas autóctonas da Península ata conformar tres áreas culturais diferentes: os indoeuropeos influíron nas culturas do norte e do occidente peninsular; doutra parte, no sur e no levante, os pobos colonizadores do Mediterráneo (gregos, fenicios e cartaxineses) marcou a iberos e a Tartessos; mentres que os pobos meseteños, tiveron influxos tanto mediterráneos como indoeuropeos.

Pobos do norte e do oeste[editar | editar a fonte]

A zona norte e oeste da península recibiu a influencia dos celtas, un pobo indoeuropeo que chegou en varias vagas durante este período.[1][2] Estes practicaban unha agricultura baseada na cebada, legumes e hortalizas e a gandería.[3] A lingua que falaban era indoeuropea e aínda que coñecían a cerámica e a metalurxia de ferro e bronce, non coñecían nin a moeda nin a escrita.[4]

Vivenda recreada no castro de Santa Tegra.

Dentro destes pobos destaca a cultura castrexa dos galaicos, no noroeste peninsular. Os castros son os vestixios máis importantes deste pobo prerromano, situados en altos rodeados de murallas e foxos, presentaban un sentido urbanístico e vivendas circulares de pedra e teitos de palla. Algúns dos mellor conservados son o de Santa Trega (A Guarda), a citania de Briteiros (Guimarães) e Mouguías (Asturias).[5][6] Estes desenvolveron unha intensa actividade mineira de estaño e ouro en Galicia, o que favoreceu o comercio con gregos e fenicios así como con outros pobos do Atlántico europeo.[7][8] Socialmente organizábanse en clans unidos por lazos familiares, varios deles formaban tribos e presentaba certa xerarquización social predominando unha caste guerreira.[9]

Pobos do sur e do leste[editar | editar a fonte]

Iberos[editar | editar a fonte]

Detalle de guerreiros iberos do "Vaso dos Guerreiros" (Edeta)

No sur e leste, os iberos estiveron influídos polos pobos do Mediterráneo oriental (gregos e fenicios). Vivían en núcleos amurallados con carácter urbano próximos ás rutas comerciais como Castellar de Meca (Valencia) e Cástulo (Xaén).[10][11] A distribución era regular con vivendas rectangulares con muros de adobe e palla sobre un zócolo de pedra.[12] Socialmente organizábanse en tribos cunha xerarquía baseada no poder económico e militar (caudillos).[13] A economía ibera dependía da agricultura (cereal, vide, oliveira, liño e esparto) que combinaban coa explotación mineira e ourivaría. Mantiñan intensos intercambios comerciais con gregos e fenicios cuxas inflencias marcaron a relixión, o desenvolvemento dun sistema de escritura e o uso da moeda.[14] A decisiva influencia oriental tamén se plasma nas manifestacións artísticas como a Dama de Elx ou Baza.[15][16]

Tartessos[editar | editar a fonte]

No sur destacou tamén a cultura de Tartessos. Esta desenvolveuse entre o ano 1000 e 500 a.C tendo como centro as zonas de Huelva, Sevilla e Cádiz. Mantiveron un grande comercio con gregos e, sobre todo, fenicios, cuxa influencia mostra o modelo social aristocrático e a escrita. Esta cultura destacou pola minaría de prata e ouro e unha rica ourivaría como amosan os tesouros de Aliseda e El Carambolo.[17][18] As causas da súa desaparición son descoñecidas e ausencia de xacementos arqueolóxicos concluíntes reforzan o carácter enigmático de Tartessos.[19][20]

Tésera de hospitalidade de Uxama escrita con celtibérico occidental.

Pobos do interior[editar | editar a fonte]

No leste da Meseta e no Sistema Ibérico, o contacto entre celtas e iberos, orixinou a aparición dos celtiberos.[21] Este pobo practicaba a agricultura, a gandaría e a produción de ferro. A influencia ibera maniféstase no uso de moeda e na adopción do seu alfabeto, a celta reflíctese nunha sociedade xerarquizada e guerreira. Como xacementos destacan os poboados foritificados de Numancia e Bílbilis.[22] Dentro destes pobos destacan os arévacos, pelendóns, beleielos,  tittos, lobetáns e lusóns.[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Almagro Gorbea, Martín (1992). "El origen de los celtas en la Península Ibérica : Protoceltas y Celtas". ISSN 1130-0728. 
  2. Bermejo Barrera, José Carlos (1996). "Las fuentes literarias y la historia antigua de los pueblos del Noroeste de la Península Ibérica". Los finisterres atlánticos en la antigüedad : época prerromana y romana (Coloquio internacional) : homenaje a Manuel Fernández Miranda, 1996, ISBN 84-8156-137-1, págs. 21-26 (Sociedad Editorial Electa España): 21–26. ISBN 978-84-8156-137-1. 
  3. Parcero Oubiña, César (2003-01). "Looking Forward in Anger: Social and Political Transformations in the Iron Age of the North-Western Iberian Peninsula". European Journal of Archaeology (en inglés) 6 (3): 267–299. ISSN 1461-9571. doi:10.1179/eja.2003.6.3.267. 
  4. "Cuando la península Ibérica pertenecía a los celtas". historia.nationalgeographic.com.es (en castelán). 2021-08-01. Consultado o 2023-12-06. 
  5. Campo, Aitor Freán (2018). "El nacimiento del urbanismo castreño y la configuración de un nuevo pensamiento simbólico = The beginning of hillfort’s urbanism and the configuration of a new symbolic thought". Estudios Humanísticos. Historia (en castelán) (16): 13–31. ISSN 2444-0248. doi:10.18002/ehh.v0i16.6123. 
  6. Acuña Castroviejo, Fernando (1996). "Urbanismo castrexo en el Noroeste peninsular". Los finisterres atlánticos en la antigüedad : época prerromana y romana (Coloquio internacional) : homenaje a Manuel Fernández Miranda, 1996, ISBN 84-8156-137-1, págs. 45-48 (Sociedad Editorial Electa España): 45–48. ISBN 978-84-8156-137-1. 
  7. Naveiro López, Juan L. (1991). "Intercambios y comercio en la cultura castrexa". Galicia: Historia, Vol. 1, 1991 (Prehistoria e Historia Antigua / coord. por José Manuel Vázquez Varela, Fernando Acuña Castroviejo), ISBN 84-87244-04-1, págs. 325-335 (Hércules de Ediciones): 325–335. ISBN 978-84-87244-05-6. 
  8. Pereira Menaut, G (1983). Estudos de Cultura Castrexa e de Historia Antiga de Galicia. USC. ISBN 84-7191-315-1. 
  9. Brañas Abad, Rosa (2004). "A sociedade castrexa a través da epigrafía". Cuadernos de estudios gallegos 51 (117): 155–205. ISSN 0210-847X. 
  10. "Ciudad Íbero-Romana de Cástulo, Linares" (en castelán). Consultado o 2023-12-06. 
  11. "Castellar de Meca – Poblado Ibérico" (en castelán). Consultado o 2023-12-06. 
  12. "La arquitectura ibérica". www.artehistoria.com. Consultado o 2023-12-06. 
  13. Ruiz Rodríguez, Arturo (2013-09-16). "El concepto de clientela en la sociedad de los príncipes". SAGVNTVM Extra (en castelán) 3 (0): 11–20. 
  14. Mira, Ignasi Grau; Galán, Carmen Rueda (2018-05-18). "La religión en las sociedades iberas: una visión panorámica". REVISTA DE HISTORIOGRAFÍA (RevHisto) (en castelán) (28): 47–72. ISSN 2445-0057. doi:10.20318/revhisto.2018.4207. 
  15. "Dama de Elche". Museo Arqueológico Nacional de España. Consultado o 6-12-2023. 
  16. "Dama de Baza". Museo Arqueológico Nacional de España. Consultado o 6-12-2023. 
  17. Ortiz, Mariano Torres (2002). Tartessos (en castelán). Real Academia de la Historia. ISBN 978-84-95983-03-9. 
  18. Blázquez, José María (1975). Tartessos y los orígenes de la colonización fenicia en occidente (en castelán). Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-400-8611-2. 
  19. Eres, Mª Pilar Iborra; Albizuri, Silvia; Rodríguez, Mario Gutiérrez; Fragoso, Joaquín Jiménez; Garrido, Jaime Lira; Cuervo, María Martín; Sánchez, Rafael M. Martínez; Valle, Rafael Martínez; Calzada, Ana Isabel Mayoral (2023-11-22). "Mass animal sacrifice at casas del Turuñuelo (Guareña, Spain): A unique Tartessian (Iron Age) site in the southwest of the Iberian Peninsula". PLOS ONE (en inglés) 18 (11): e0293654. ISSN 1932-6203. PMC 10664939. PMID 37992004. doi:10.1371/journal.pone.0293654. 
  20. Aunión, J. A. (2023-04-18). "El hallazgo de las primeras esculturas tartésicas da un vuelco al estudio de la cultura prerromana que dominó el suroeste peninsular". El País (en castelán). Consultado o 2023-12-06. 
  21. "Ethnographic Map of Pre-Roman Iberia (circa 200 b". web.archive.org. 2004-06-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2004. Consultado o 2023-12-06. 
  22. "Cómo se formó Aragón. Los pueblos prerromanos". ifc.dpz.es. Consultado o 2023-12-06. 
  23. Lorrio, Alberto J. "Los Celtíberos". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 2023-12-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]