Pierre Puvis de Chavannes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foto de Puvis de Chavannes, ca. 1890

Pierre Cécile Puvis de Chavannes (Lyon, 14 de decembro de 1824 -París, 24 de outubro de 1898) foi un pintor simbolista francés.

Índice

Biografía [editar]

Logo de estudar na École polytechnique (Escola POlitécnica), pasou unha tempada rn Italia. Decidíu consagrarse á pintura ao estudar a obra de Eugène Delacroix e de Thomas Couture. Ao principio da súa actividade artística expuxo no Salón de 1850, pero posteriormente tivo problemas para continuar facéndoo.

Entre 1854 e 1855, Puvis de Chavannes realizou frescos e pinturas murais en Amiens e máis no Panteón de París. As súas obras, nas que son frecuentes as pinturas murais, son propias do movemento simbolista pictórico.

En Montmartre tivo relacións cunha das súas modelos, Suzanne Valadon, quen, pasado o tempo, se convertería nunha das artistas máis importantrs da súa época.

En 1890, foi un dos fundadores da Société Nationale des Beaux-Arts (Sociedade Nacional das Belas Artes), da cal máis tarde sería presidente, e que tempo despois poría o seu nome a uns premios, primeiro outorgados no Musée d'art moderne du Trocadero (Museo de arte moderna do Trocadero) e logo no Grand Palais des Champs-Élysées (Campos Elisios).

Printemps (Primavera),1865

Selección de obras [editar]

- Le Rêve (O Soño), 1883, óleo sobre tea, 82 x 102 cm
- Le pauvre pêcheur (O pescador pobre), 1881, óleo sobre tea, 155,5 x 192,5 cm
- La jeune mère ou la Charité (Nai nova ou A caridade), ca. 1887, óleo sobre tea, 56 x 47 cm
- Vue sur le château de Versailles et l'Orangerie (Vista do pazo de Versailles e a Orangerie), 1871, óleo sobre tea, 32,5 x 46,3 cm
- l' Espérance (A esperanza), 1871-1872, óleo sobre tea, 70,5 x 82 cm
- Jeunes filles au bord de la mer (Mozas na beira do mar), 1879, óleo sobre tea, 205 x 154 cm
- le Pigeon (O pombo), 1871, óleo sobre tea, 136,7 x 86,5 cm[1]
- le Ballon (O globo), 1870, óleo sobre tea, 136,7 x 86,5 cm[2]
- la Toilette , 1883, óleo sobre tea, 75 x 63 cm, huile sur toile, 136,7 x 86,5 cm
- Saint-Sébastien (San Sebastián), 1824, óleo sobre tea, 61,5 x 51 cm
- le Recueillement (Recollemento), 1866, óleo sobre tea, 271 x 104 cm
- L'Histoire (A Historia), óleo sobre tea, 271 x 104
- La Vigilance (A vixilancia), óleo sobre tea, 271 x 104

Galería [editar]

Notas [editar]

  1. en letras de ouro sobre do cadro : ECHAPPE A LA SERRE ENNEMIE LE MESSAGE ATTENDU EXALTE LE COEUR DE LA FIERE CITE: ESCAPADA DO CERCO INIMIGO A MENSAXE OUVIDA EXALTA O CORAZÓN DA ORGULLOSA CIDADE
  2. en letras de ouro sobre do cadro : LA VILLE DE PARIS INVESTIE CONFIE A L'AIR SON APPEL A LA FRANCE: A CIDADE DE PARÍS ATACADA CONFÍA AO AIRE O SEU CHAMAMENTO A FRANCIA


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: