Thomas Couture
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Thomas Couture (21 de decembro, 1815 – 30 de marzo, 1879) foi un influente pintor e profesor francés.
Couture naceu en Senlis Oise, Francia, aos once anos de idade, mudouse coa súa familia á cidade de París onde estudaría na École des Arts et Métiers e máis tarde na École des Beaux-Arts. En 1837 gañou o premio Prix de Rome, outorgado polo seu colexio, despois de obtar a el en seis ocasións.
En 1840, comezou a expor diferentes pinturas históricas e de xénero no Salon de Paris, séndolle outorgadas varias medallas, en particular pola súa obra mestra presentada en 1847, "Les Romains de la décadence." Pouco tempo despois, Couture abriu un estudo de seu, co fin de desafiar á École des Beaux-Arts.
As innovacións técnicas de Couture obtiveron grandes atención por parte do público, recibindo encargos do Goberno e da Igrexa para realizares murais. Decepcionado polo frío recibimento dos seus murais, en 1860 decidiu deixar París por unha tempada, establecéndose de novo na súa vila natal, Senlis, onde segui dando clases a xoves promesas da pintura. En 1867 voltou a desafiar á academia publicando un libro sobre métodos de ensinanza e técnicas elaboradas por el mesmo.
Ao longo da súa vida, Couture tivo como alumnos a personalidades do mundo da arte coma Edouard Manet, Henri Fantin-Latour, e Pierre Puvis de Chavannes.
Preguntado por unha editorial para editar unha biografía de seu, Thomas Couture respondeu: "A biografía é a exaltación da personalidade --- e a personalidade é o tormento do noso tempo."
Thomas Couture morreu en Villiers-le-Bel, Val-d'Oise e foi soterrado no cemiterio de Père Lachaise, París.