Picasa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa informática que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Picasa é un programa informático para organizar e editar fotografías dixitais, orixinalmente creado por Idealab e hoxe en día propiedade de Google, que o distribúe gratuítamente.
Índice |
Nome e logotipo [editar]
A orixe do nome do programa é un xogo de palabras entre o apelido do pintor malagueño Pablo Picasso, a frase en castelán "mi casa" e a palabra inglesa pic, de picture (debuxo).
A icona e o logotipo teñen a forma dunha casa formada pola obertura dunha lente fotográfica.
Historia [editar]
En xullo do 2004, Google adquiriu Picasa e comenzou a ofrecela para a súa descarga gratuíta. Actualmente está dispoñible en beta a terceira versión do popular programa de retoque fotográfico.
Dispoñibilidade [editar]
O programa funciona en calquera das súas versións en Windows XP, Windows Vista e Linux, mentres que en Windows 98 e Windows ME só funcionan as versións vellas. Os usuarios de Mac dispoñen do plug-in iPhoto, dispoñible para o Mac OS X 10.4 en diante.