Planeta exterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os planetas exteriores, xigantes o gasosos son aqueles que están situados máis aló do cinto de asteroides, é dicir, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Fágase notar que, dende a redefinición de planeta do 2006, Plutón xa non é considerado un planeta, senón un planeta anano.

Os planetas xigantes do noso sistema solar están formados por profundas atmosferas de hidróxeno e helio que chegan a constitui-la maior parte da masa de Xúpiter e Saturno, e que ocupan un terzo dos planetas Urano e Neptuno. A meirande parte dos planetas extrasolares descubertos ata o día de hoxe encaixan dentro das características principais de masa e composición dos planetas exteriores do noso sistema solar, se ben as súas órbitas son moito máis próximas á súa estrela principal, dándolles moitas veces o nome de xovianos quentes.

Características[editar | editar a fonte]

As súas características máis importantes son:

  • Son basicamente gasosos, carecendo de superficie sólida. Urano e Neptuno posúen núcleos internos formados por xeos primixenios a gran presión e temperatura e en estado líquido.
  • Xiran moi apresa, períodos de rotación en torno ás 10 hr.
  • Dispoñen de fortes campos magnéticos.
  • Posúen moitos satélites.
  • Posúen sistemas de aneis ó seu redor.
  • Posúen importantes fontes de calor interna (exceptuando a Urano), procedentes do calor acumulado na súa formación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]