Pepa Bueno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pepa Bueno.

María José Bueno Márquez, máis coñecida como Pepa Bueno, nada en Badaxoz en 1964, é unha xornalista española, presentadora de televisión e radio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comeza a súa carreira profesional nos servizos informativos de Radio Nacional de España-Estremadura, de onde pasou, como xefa de informativos a RNE-Aragón, á vez que colabora co xornal Diario 16.

Tras pasar pola xefatura de informativos en Madrid da emisora de radio pública, en 1991 incorpórase a Televisión Española e, concretamente, ao seu Centro Territorial en Andalucía, onde presentou e dirixiu o informativo rexional. Máis tarde fixo o propio no Centro Territorial de Madrid.

En setembro de 1996 asume a subdirección e copresentación, xunto a Jose Toledo, do programa de actualidade Gente. Durante case oito anos aparece diariamente na pequena pantalla, dando noticia da crónica de sucesos acaecida no país.

Tras o nomeamento de Fran Llorente como director dos servizos informativos de TVE, é seleccionada para substituír a Luis Mariñas no programa diario de entrevistas e actualidade política Los desayunos de TVE,[1] labor que desempeñou entre 2004 e 2009. Entre marzo e xuño de 2008, ademais, conduciu o magacín matinal Esta mañana na mesma cadea.[2]

Ocasionalmente escribe artigos de opinión en El Periódico de Catalunya.

Colabora activamente coa Asociación Escola para Todas, un ente sen ánimo de lucro e cuxo principal obxectivo céntrase na escolarización de nenas en Camboia. Pepa Bueno é embaixadora de Escola para Todas de Marie Claire.[3]

En setembro de 2009 fíxose cargo da segunda edición do Telediario en TVE, en substitución de Lorenzo Milá.[4]

A partir do 2 de setembro de 2012 presenta xunto con Gemma Nierga o programa líder das mañás da radio española Hoy por hoy da Cadena SER.[5]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]