Pato falcado
| Pato falcado | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Anas falcata | ||||||||||||
O pato falcado (Anas falcata) é un pato que cría no leste de Asia. A súa aparición fóra dos seus territorios habituais non é extraordinaria, e pode te-la súa orixe, polo menos nalgúns casos, en exemplares fuxidos, xa que son populares como aves ornamentais.
Índice |
[editar] Descrición
Miden entre 48 e 54 cm de lonxitude e amosan o dimorfismo sexual típico dos anátidos. Os machos en traxe de gala son inconfundibles: máis da súa plumaxe corporal amosa un fino vermiculado gris; a cabeza é grande, de cor verde botella, a gorxa, branca e a coroa da cor do bronce. Do lombo cólganlle unhas plumas curvadas a xeito de fouce. A zona cloacal ten un deseño amarelo, negro e branco.
As femias son castañas escuras, moi semellantes ás do lavanco, das que as diferencia o bico longo e gris. O macho en plumaxe de eclipse imita á femia, por ben que ten a cabeza e o lombo máis escuros. En voo, ámbolos dous sexos amosan a parte inferior das alas gris pálida. O espello é anegrado, cunha beira branca na parte interior. Os xoves son de tons máis ante cás femias e carecen das plumas en forma de fouce.
O reclamo dos machos é un asubío baixo, mentres que o das femias e un "cuac" rouco.
[editar] Distribución
A súa área de cría espállase polo leste de Asia, dende o centro de Siberia ata o norte do Xapón e o norte de China. Son migratorios estritos, que pasan o inverno en boa parte da Asia sudoriental.
Viven en zonas húmidas das terras baixas, coma lagos ou prados anegados, onde se alimentan arrincando plantas na auga ou pacendo.
[editar] Conduta
Fora da época de reprodución son aves gregarias, que forman grandes bandos. Fan os niños no chan, preto da auga e entre a vexetación. Poñen entre 6 e 10 ovos.