Espello (plumaxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Femia de lavanco. A mancha azul con beira branca é o espello.

O espello ou speculum é unha mancha brillante, a miúdo de coloración distintiva, presente nas plumas remixes internas dalgunhas aves, particularmente as anseriformes, pero tamén,por exemplo, nos louros do xénero Amazona. Esta mancha, de cotío visible cando voan, é util á hora de identificar a determinadas especies.