Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Monsul, no Cabo de Gata

O Parque Natural Marítimo-Terrestre do Cabo de Gata-Níjar é un parque natural da provincia de Almería, declarado como tal no 1987. Foi o primeiro, con esta denominación, de ámbito marítimo-terrestre do Estado, e probablemente un dos últimos redutos de costa virxe do Mediterráneo. Nel habitan multitude de especies vexetais xerofitas endémicas e ata hai poucos anos foi santuario das últimas focas monxe de Europa.

A composición do terreo é fundamentalmente rocha sedimentaria, (gres, etc.) de antigos fondos mariños, pero na zona tamén existen multitude de rochas volcánicas en moitas das súas manifestacións.

Na actualidade estase a desenvolver unha grande actividade turística aproveitando as paradisiacas praias que hai alí.

Por estas e outras características está declarado como Reserva da biosfera pola UNESCO. [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Máis información no Portal sobre o Parque Natural de Cabo de Gata