Papeleira de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°24′54″N 08°40′12″W / 42.415°N 8.67°W / 42.415; -8.67

vista do complexo desde Samieira.

A papeleira de Pontevedra é un complexo industrial situado na parroquia de Lourizán, xunto á ría de Pontevedra. Está formado por dúas fábricas de dúas empresas.

[editar] Características

Por unha banda está a fábrica de pasta de papel de celulosa da empresa Ence (Empresa Nacional de Celulosas). Esta pasta é enviada a outras fábricas para ser tratada e fabricar o produto final, se ben é o proceso de fabricación da pasta o que máis afecta ó medio ambiente.

A outra é unha industria electroquímica da empresa Elnosa. Abastece produtos químicos (maiormente cloro) para utilizar na fabricación desta pasta de papel e mesmo para outras industrias.

[editar] Situación

O complexo está situado a medio camiño entre a cidade de Pontevedra e Marín, e ocupa unha zona de alto valor ecolóxico: está entre un importante banco marisqueiro na ría de Pontevedra, e a Escola de Capataces Forestais e CIF (Centro de Investigacións Forestais) de Lourizán, dependente do CSIC e que data de principios do século XX.

factoría de Ence

Ámbalas dúas fábricas veñen sendo obxecto de cada vez maior polémica, e instaláronse mediante imposición no franquismo. Aínda os habitantes da boa vila lembran que, ás manifestantes que detiñan nas manifestacións en protesta da implantación, rapábanlles a cabeleira antes de deixalas na rúa. Ó longo dos anos foi medrando a contestación social da vila, que sofre diariamente os cheiros dos seus emisores, e creouse a Asociación Pola Defensa da Ría. Co tempo demostrouse a concentración de metais pesados no produto do marisqueo do esteiro do río Lérez (grazas probablemente tamén á contribución de Tafisa) e comezaron as accións legais, aínda en curso. Na actualidade, dentro do recinto da factoría hai unha depuradora pero semella que segue habendo problemas co emisor submarino. Outras papeleiras (por exemplo a de Brandía, na Barcia, preto de Laraño, Santiago de Compostela) causaron menor polémica social debido ó seu menor tamaño e ó maior respecto co medio natural.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas