Juan Antonio Suances

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Juan Antonio Suances Fernández, nado en Ferrol en 1891 e falecido en Madrid en 1977, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con doce anos ingresou na Escola Naval de Ferrol. Tres anos despois ascendeu a gardamariña e foi destinado á fragata gardacostas Numancia, e foi posteriormente asignado ó acoirazado Pelayo. Foi ascendido en 1921 a tenente coronel de enxeñeiros. En 1936 participou na Guerra Civil española no bando nacional.

En outubro de 1941 creou o Instituto Nacional de Industria (INI), do que foi o seu presidente ata 1963. Dirixiu boa parte da política industrial de posguerra ao ser ministro de Industria e Comercio entre 1945 e 1951.

Desde o INI encargou a Wifredo Ricart a creación de Enasa, berce da marca de camións e automóbiles Pegaso. Do INI tamén xurdiron Seat, Endesa, Ensidesa ou a Empresa Nacional Calvo Sotelo (Repsol) entre outras.


Predecesor:
Demetrio Carceller
Ministro de Industria e Comercio
1940 - 1951
Sucesor:
Joaquín Planell Riera

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]