Mosaico romano de Panxón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosaico romano de Panxón
O mosaico romano de Panxón
Construción
Data da construciónSéculo III

O Mosaico de Panxón é un mosaico romano descuberto no castro de Panxón, na parroquia de Panxón, concello de Nigrán.[1]

Singularidade[editar | editar a fonte]

Data do século III d. C.. A súa singularidade débese a que é a única representación do xénero de temática mariña, concretamente un peixe e unhas ameixas, na bisbarra do Val de Miñor e contiguas. Seguramente formase parte dun mosaico meirande[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi encontrado no lugar do castro de Panxón casualmente pola familia Puga, no século XIX. Despois foi introducido nunha mesa para a colección particular de Ricardo Blanco-Cicerón, da Coruña.[2] Despois perdeuse o seu ronsel, ata que foi poxado e enviado ao estranxeiro. En 2023 foi comprado en Nova York pola "Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón", coa axuda económica do concello de Nigrán.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ASOCIACIÓN REPATRIACIÓN MOSAICO ROMANO PANXÓN". ASOCIACIÓN REPATRIACIÓN MOSAICO ROMANO PANXÓN (en castelán). Consultado o 2023-10-16. 
  2. 2,0 2,1 "HISTORIA". ASOCIACIÓN REPATRIACIÓN MOSAICO ROMANO PANXÓN (en castelán). 2021-07-22. Consultado o 2023-10-16. 
  3. "El mosaico romano del siglo III será repatriado de Nueva York a Panxón". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-08-26. Consultado o 2023-10-16.