Paloma San Basilio
| Paloma San Basilio | |
|---|---|
Paloma San Basilio en marzo de 1992 |
|
| Nome completo | Paloma San Basilio |
| Alias | |
| Naceu | 22 de novembro de 1950 (62 anos) |
| Orixe | Madrid, España |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Cantante, actriz |
| Xénero | Jazz-Lírica-Canción Melódica |
| Instrumento(s) | Voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | EMI, Sony Music Entertainment |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1975 — Presente |
| Web | www.palomasanbasilio.net |
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española.
Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
Índice |
Traxectoria [editar]
Paloma San Basilio nace en Madrid, vive a súa infancia en Sevilla e a súa adolescencia en Lugo. Estudou na Universidade Complutense de Madrid uns anos de Filosofía e Letras e Psicoloxía antes de dar comezo á súa carreira artística en 1975, grazas a ser elixida como presentadora dun programa de televisión que se chamaba Siempre en domingo. Ese mesmo ano, grava o seu primeiro disco, Sombras, con ampla repercusión internacional. O seu seguinte traballo, Donde Vas (1977), acentúa os temas máis sentimentais e consolida a súa fama en Hispanoamérica.
En 1985, participa no Festival de Eurovisión cantando a canción La fiesta terminó, que dá por título ao novo álbum composto e producido por Juan Carlos Calderón. Lamentablemente, non pasou do posto 14 no Festival dese ano. Dentro da serie La comedia musical española de Televisión Española protagoniza Las Leandras e La cenicienta del Palace e co-protagoniza unha terceira, El sobre verde, onde canta De una monedita de oro. As tres revistas saen en discos ao mercado.
Discografía [editar]
- Sombras (Hispavox, 1975)
- Donde vas (Hispavox, 1977)
- En directo (álbum en directo) (Hispavox, 1978)
- Beso a beso... dulcemente (para Latinoamérica e Estados Unidos) (1978)
- Evita (musical) (Epic, 1980)
- Ahora (Hispavox, 1981)
- Dama (Hispavox, 1982)
- Paloma (Hispavox, 1984)
- En vivo (álbum en directo) (Hispavox, 1985)
- La fiesta terminó (Hispavox, 1985)
- Las Leandras (1985)
- La Cenicienta del Palace (1985)
- Vuela alto (Hispavox, 1986)
- Grande (Hispavox, 1987)
- Vida (Hispavox, 1988)
- La Sinfonía de los Tres Tiempos de América (con Quilapayún) (Para España e Europa) (Hispavox, 1988)
- Quiéreme siempre (Para España e Europa) (Hispavox, 1990)
- Nadie como tú (Para Latinoamérica e Estados Unidos) (Capitol, 1990)
- De mil amores (Para Latinoamérica e Estados Unidos) (1991)
- Por fin juntos! Paloma y Plácido (con Plácido Domingo, álbum en directo) (EMI, 1991)
- Paloma mediterránea (Hispavox, 1992)
- Al este del Edén (Hispavox, 1994)
- Como un sueño (álbum en directo) (Hispavox, 1995)
- Clásicamente tuya (Hispavox, 1997)
- El Hombre de La Mancha (musical) (1997)
- Perlas (EMI, 1999)
- Escorpio (Sony, 2001)
- My Fair Lady (2001)
- Eternamente: Grandes éxitos de grandes musicales (Ventura, 2002)
- La música es mi vida (recopilatorio)(EMI, 2003)
- Víctor o Victoria (musical) (2005)
- Diva (recopilatorio, 2 CD e 1 DVD) (EMI, 2006)
- Invierno Sur (EMI, 2006)
- Encantados (Sony, 2008)
- Amolap (EMI, 2012)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Predecesor: "Lady, lady" Bravo |
España no Festival de Eurovisión 1985 |
Sucesor: "Valentino" Cadillac |