Paio (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O papa Paio I.

Paio é un nome propio de orixe grega na súa variante galego-portuguesa[1]. Chega ao galego proveniente do latín: Pelagius, e á súa vez do grego: Πελάγιος. O seu significado é "Aquel que ten vontade de escoller"[2]. O nome Paio é froito da síncope do nome latino. Existe a forma culta: Pelaxio. O nome Paio deu orixe aos apelidos galegos: Pais e Páez. Nos documentos galegos medievais aparecen as variantes arcaicas: Pai, Payo, Pae, Paay ou Pay.

Pola súa banda en portugués tamén coexiste a forma culta Pelágio. Os apelidos son Pais, Paes (grafía arcaica).

En castelán a variante do nome é Pelayo, e este deu orixe ao apelido patronímico: Peláez..

O nome en Galiza[editar | editar a fonte]

Paio foi un nome común en Galiza como o demostra a abundante toponimia asociada ao nome (Paio, O Paio), especialmente a San Paio (ou Sampaio), mártir galego nado en Crecente no século X. En total existen no país, corenta parroquias baixo a advocación do santo (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio). Ademais existen moitos lugares co nome do Santo, e diversas igrexas e conventos, onde salienta o Convento de San Paio de Antealtares en Santiago de Compostela.

Hoxe en día a variante galega Paio está en desuso, con só sete rexistros[3]. A variante castelá Pelayo tampouco é común en Galiza, só 136 varóns posúen o nome, sendo, porén abundante en Asturias e León, principalmente por ser o lugar de orixe do lendario Paio de Asturias[4].

Onomástica[editar | editar a fonte]

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galegos[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]