Oso das cavernas
- Non se debe confundir con Óso.
| Oso das cavernas Rango fósil: Plistoceno medio - Plistoceno tardío |
|||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución da especie |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
Extinto |
|||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Ursus spelaeus'' Rosenmüller, 1794 |
|||||||||||||||
O oso das cavernas (Ursus spelaeus) é unha especie extinta de oso que viviu na Europa durante o Plistoceno e que desapareceu hai cerca de 10.000 anos, no fin da última Idade do xeo. O nome deriva do feito de moitos dos fósiles deste carnívoro teren sido encontrados en cavernas.
O oso das cavernas era bastante semellante en forma ao oso pardo moderno, coa diferenza principal no tamaño, cerca de 30% maior cunha estatura que chegaba preto dos 4 metros cando estaba de pé e 2,2 m de cernella e un peso estimado de 1,5 toneladas. A morfoloxía do cranio é tamén lixeiramente diferente, tendo o oso das cavernas unha testa máis inclinada. Este animal era omnívoro e alimentábase de pequenos mamíferos, herbas e frutos. Dado ao clima bastante máis frío do Plistoceno, suponse que este animal hibernase durante máis tempo que os osos modernos. Esta hipótese xustifica a presenza frecuente do animal en cavernas.
As causas para a extinción do osos das cavernas non se coñecen con seguridade. Suponse que desapareceu debido a unha redución do seu hábitat no fin da Idade do Xeo e/ou a mudanzas contemporáneas da flora europea. Non é de excluír a interferencia do ser humano, unha vez que as comunidades primitivas partillaban o mesmo espazo que este oso. Hai evidencias de que algunhas tribos idolatrabam o oso das cavernas a través de pinturas e esculturas.