Os Galos (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Galos
Tiporevista
editar datos en Wikidata ]

Os Galos, revista de divulgación da cultura marítima e fluvial é unha revista anual en lingua galega editada en Bueu pola Asociación Cultural Os Galos.

A directora é Ana Gil Medraño e patrocina o Concello de Bueu.

Asociación Cultural Os Galos[editar | editar a fonte]

É unha asociación cultural de Bueu de Amigos das Embarcacións Tradicionais da ribeira galega que procura recuperalas: a dorna e o bote polbeiro de Bueu. Son embarcacións propias da costa galega e pódense atopar en Muros, Noia, Sanxenxo, Cangas, Moaña etc.[1] Foi creada no ano 2000.

O nome[editar | editar a fonte]

O nome da asociación e revista é unha homenaxe aos barcos de vela guiara que cando saían pescar pola ría os mariñeiros dos outros barcos ao veren as súas velas asociábanas cos galos mariños. "Aí van os galos", dicían.[2]

A revista[editar | editar a fonte]

Colaboran entidades relacionadas co mar como o Museo Massó, a Confraría San Martiño, a Federación pola Cultura Marítima e organismos institucionais como o Concello de Bueu, o Museo Massó e a Deputación de Pontevedra que posibilita a súa edición desde o 2014 (ata 2019).[3]

Os eixos sobre os que desde hai anos asenta a publicación son o coñecemento e divulgación dos temas marítimos en xeral e os aspectos sociolóxicos, económicos e culturais da vila de Bueu.[4]

Presentación do nº 17, 29/07/2023, Museo Massó, Bueu. De esquerda a dereita: Humberto V. Santiago Esperón, Arturo Sánchez Cidrás, Lino Pazos Pérez, Xerardo Dasairas, Lucía Novas, Xaime Toxo, Isidro Cortizo.

Números[editar | editar a fonte]

  • Nº 1: 2007, 3 €, 50 páxs.
    • Algúns temas: Repasando a nosa historia, La Xeitosa: un ejemplo de la universalidad de la gamela, A lancha traiñeira, O choupán, Asteleiro de Purro. Recuperar a memoria histórica, Johán Carballeira, defensor dos homes do mar, Cogomelos no estaleiro de Purro, Long John Silver e a lenda da serpe namorada, A Copa do América, Avoa redeira: Entrevista a Teresa Queiruga Bastos.
    • Colaboran: Staffan Mörling, Manuel Ramón Rodríguez, Luís Davila, Xaime Toxo, Lucía Novas, Jesús Portela, Santi Corral, Salvador Rodríguez Pastoriza...
  • Nº 2: 2008, 3 €, 45 páxs.
    • Algúns temas: A Carpintería de Ribeira en Galicia. Presente e futuro, Mastros e velas, A fotografía de Anxo Cabada, Embarcacións Tradicionais Galegas.
    • Colaboran: Silvia García, Luís Davila, José Manuel Castaño, Xaime Toxo, Dionisio Pereira, Salvador Rodríguez Pastoriza, Berta Aldan Piñeiro, Ana Gil...
  • Nº 3: 2009, 44 páxs.
    • Algúns temas: Os irmáns Nodal e a Terra de Fogo, Enerxías renovables procedentes do mar, Aproximación ás artes xávegas de Bueu, A vela lixeira en Galicia, O museo do Vasa, Refraneiro do mar.
    • Colaboran: Silvia García, Ana Gil, Luís Davila, José Manuel Castaño, Xaime Toxo, Salvador Rodríguez Pastoriza, Berto Santiago Esperón, Rubén Bastón Meira, Sandra Conde...
  • Nº 4: 2010, 46 páxs.
    • Algúns temas: O asteleiro do Purro, Translatio Sancti Jacobi, Bote polbeiro de Bueu, o documental, Resumo do XIII Encontro de Embarcacións Tradiciomais en Bueu.
    • Colaboran: Silvia García, Ivone Baptista de Magallaea, Joao Paulo Baptista, Luís Davila, Covadonga López, Cristina Chapela, Diana Bernárdez, Lucía Novas, Salvador Rodríguez, Xaime Toxo, Anxo Cabada, Suso Portela...
  • Nº 5: 2011, coordinada por Ana Gil e Diana Bernárdez, 50 páxs.
    • Algúns temas: A ría de Pontevedra, Os tesouros do Museo Massó, 35 anos do períplo náutico da Borna, A estabilidade nos pequenos pesqueiros / Santiago Esperón, Maruja Mallo: A muller carromeiro, Cuadrantes, astrolabios e balestiñas.
    • Colaboradores: Silvia García, Antón Masa, María Novas, Covadonga López de Prado Nistal, Xerardo Dasairas, Santiago Esperón, José Iglesias, Salvador Rodríguez, Ana Gil, Alberto Garazo, Diana Bernárdez, Luís Davila, Xaime Toxo, Lucía Novas, José Manuel Castaño García
  • Nº 6: 2012, coordinada por Ana Gil e Diana Bernárdez, 27 páxs.
    • Algúns temas: O estaleiro de Purro, Tradicións mariñeiras, Navegando nas noites do cabalo, Homenaxe aos náufragos, Bucaneiros de hoxe.
    • Colaboran: Diana Bernárdez, Xerardo Dasairas, Salvador Rodríguez, Diana Bernárdez , O'Xedas, Xaime Toxo, Luís Davila, Luís Chapela, Lucía Novas, Guillermo Gefaell...
  • Nº 7: 2013, 31 páxs.
    • Algúns temas: Os Salgadeiros-conserveiros italianos de Bueu, A Illa de Ons: Alternativa Turística-Agrícola-mariñeiras, Dereitos consuetudinarios e outros costumes mariñeiros (II), A Parzaría e os soldos, As sociedades de clasificación de buques e a súa responsabilidade, O xornalismo furtivo de Álvaro Cunqueiro, O naufraxio do pesqueiro "Tito".
    • Colaboradores: Arturo Sánchez Cidrás, Celestino Pardellas de Blas, Luís Davila, Xerardo Dasairas Valsa, Humberto Esperón, Salvador Rodríguez, Xaime Toxo, Lucía Novas, Gillermo Gefaell, Ana Gil, Fernando García Lorenzo...
  • Nº 8: 2014, 42 páxs.[5]
    • Algúns temas: A Illa de Ons: Alternativa turística agrícola-mariñeira (II). Máis val cuarto de vela que remos de galea, Regateira rapaza, As ostras , Unha "Basca" do corso en Beluso.
    • Colaboradores: Lucía Novas, Celestino Pardellas de Blas, Xerardo Dasairas, Luís Davila, Salvador Rodrígue, Ana Gil, Xaime Toxo, Iddr Boukarkour, Marta Lemos Jorge...
  • N 9: 2015, 62 páxs.
    • Algúns temas: A escola do Pósito de pescadores de Bueu, Baleeiros galegos no século XX, Illa de Ons: Naufraxio do patrulleiro 'Barsac', O bergantín-goleta "El industrial", Isabel Barreto, a capitá galega dos mares do Sur, O estaleiro de Purro, O naufraxio do "Nueva Virgen del Carmen".
    • Colaboradores: Arturo S. Cidrás, Lucía Novas, Humberto V. Santiago, Luís Davila, Xaime Toxo, Celestino Pardellas de Blas, Xerardo Dasairas, Guillermo Gefaell, Carlos Roberto de Pacho, Salvador Rodrígez, Lino Pazos Pérez...
  • Nº 10: 2016, 20 anos de singradura. 70 páxs.
    • Algúns temas:  Que foi dos galegos de Hawai?, O bergantín-goleta 'Joven Casimiro', A escrita dos pescadores, A salga rumbo a Cataluña, O sentimento do naufraxio / X.H.Rivadulla Corcón.
    • Colaboran: Salvador Rodríguez, Arturo Sánchez Cidrás, Dionisio Pereira, Lino J. Pazos, Luís Davila, X.H. Rivadulla Corcón, Lucía Novas, Xaime Toxo, Carlos Roberto de Pacho, Guillermo Gafaell, David García Piñeiro...
  • Nº 11: 2017, 67 páxs.
    • Algúns temas: Manuel Cabodevila de Beluso, Ons: A Santa Compaña máis mariñeira, A pasaxe dos ríos : A barcaxe, Conservas Martín Alfageme / Lino J. Pazos, Entrevista a Ramón Albert, Embarcacións de cabotaxe nos portos galegos (s. XVIII-XIX).
    • Colaboradores: Arturo Sánchez Cidrás, Luís Davila, Celestino Pardellas, Lucía Novas, Xerardo Dasairas, Lino J. Pazos, Guillermno Gefaell, Salvador Rodríguez, Ana Gil Medraño, Xaime Toxo, Paco Souto, Salvador Rodríguez...
  • Nº 12: 2018, 58 páxs.
    • Algúns temas: Bergantín S. Juan Bautista, Marcó del Pont, Attilio Gaggero Moresco, Contrabando de armas entre as rías de Pontevedra e Arousa no ano 1912, Os barcos da balea, Torrente Ballester na casa de Pescadoira, Mantenementos de embarcacións de madeira.
    • Colaboradores: Arturo Sánchez Cidrás, Salvador Rodríguez, Luís Davila, Lino J. Pazos, Celestino Pardellas de Blas, Lucía Novas, Xerardo Dasairas, Xaime Toxo, Carlos Roberto de Pacho, Ana Gil...
  • Nº 13: 2019, 66 páxs.
    • Algúns temas: Apuntamentos para a historia da familia Lago-Carballal. Emigrantes e industriais da salga na Praia de Beluso, Sinistros marítimos nos arredores de Illa de Ons, Federico Ribas: Máscara e realidade, Naufraxio do bergantín goleta Virgen del Mar en Cabo Udra, Bueu, Os Gago de Mendoza e o corso galego, Un mundo de embarcacións tradicionais (I), Barcazas, gabarras, pontóns, gánguiles.
    • Colaboradores: Arturo Sánchez Cidrás, Celestino Pardellas de Blas, Xaime Toxo, Lino J. Pazos, Xerardo Dasairas Valsa, Salvador Rodríguez, Lucía Novas, Luís Davila, Humberto V. Santiago, Carlos Roberto de Pacho, Ana Gil, O'Xedas...
  • Nº 14: 2020, 58 páxs.
    • Algúns temas: O bueués José Antonio Mauricio García, guerrilleiro na URSS, A cultura Popular na Illa de Ons, Barcos ingleses e españois na guerra contra os franceses 1809, Salvados por Pablo Neruda - A odisea do Winnipeg, Combate naval en Beluso hai 198 anos, Trazos do popular na obra de Maruja Mallo: O Caderno de Bueu, A Lars Fredrick Staffan Mörling. In memoriam.
    • Colaboran: Arturo Sánchez Cidrás, Celestino Pardellas de Blas, Lucía Novas, Xerardo Dasairas, Salvador Rodríguez, Luís Davila, Lino J. Pazos, Xaime Toxo, Ana Gil Medraño...
  • Nº 15: 2021, 66 páxs.
    • Algúns temas: Ricardo Bescansa Castilla (1888-1965) Un bueués na industria químico-farmacéutica , Veciños de Bueu rexeitan asalto inglés para facerse cun barco varado na praia, Sinistros marítimos nos arredores da Illa de Ons (II), Os arrastreiros por popa, A Batalla de Glen Shiel.
    • Colaboran: Arturo Sánchez Cidrás, Carlos Roberto de Pacho, Celestino Pardellas de Blas, Francisco Rodríguez Pastoriza, Humberto V. Santiago Esperón, Isidro Cortizo del Río, Luis Davila, Lino J. Pazos, Lucía Novas, Salvador Rodríguez, Xaime Toxo, Xerardo Dasairas Valsa...
  • Nº 16, 2022, 66 páxs. 5 €. Homenaxe ao falecido presidente de Os Galos Vícor Domínguez.[6]
    • Algúns temas: O problema do sal en Bueu en 1857, Conflito pesqueiro en Ons, Vello preito entre conserveiros, O caso do cabo Alvariño, O fútbol en Bueu, Barcos de vapor na pesca de arrastre, Víctor, navegante de antano, Embarcacións tradicionais das Illas Atlánticas.
    • Colaboran: Anxo Telmo, Arturo Sánchez Cidrás, Carlos Roberto de Pacho, Celestino Pardellas de Blas, Damián Otero, Francisco Rodríguez Pastoriza, Humberto V. Santiago Esperón, Isidro Cortizo del Río, Lino J. Pazos, Lidia Nieves, Luis Davila, Lucía Novas, M. Castaño García, Salvador Rodríguez, Suso Framil, Xaime Toxo, Xerardo Dasairas Valsa...
  • Nº 17, 2023.
    • Algúns temas: Apoio do Concello de Bueu á construción do lazareto na Illa de Tambo, Insubmisión en Bueu ao pagamento das rendas ( o declive económico da fidalguía rural), Pacto co diaño (Unha autophicción), Que non morra a dorna. Ons: unha posible alternativa na estapa estival, Gonzalo Viana, o argonauta tranquilo, Conxeladores e rampleiros. Evolución dos arrastreiros, Naufraxios: A fragata Stª. Mª de Magdalena, Bosques flotantes: Da madeira e dos barcos, Os fondos mariños de Bueu: unha mirada profunda.
    • Colaboran: Lino Pazos, Luís Davila, Arturo Sánchez Cidrás, Salvador Rodríguez, Celestino Pardellas de Blas, Xaime Toxo, Humberto Santiago Esperón, Raúl Villa Caro, Xerardo Dasairas, Luís Davila, Gonzalo Pérez Barreiro, Xaime Toxo, Isidro Cortizo...

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Costasur.com. "Asociación Cultural Os Galos Bueu Enfrente de Sanxenxo...". sanxenxo.costasur.com. Consultado o 2023-07-30. 
  2. "Os Galos, 1". bueu.esy.es. Consultado o 2023-07-30. 
  3. "Revista nº 9" (PDF). bueu.esy.es. Consultado o 30 de xullo de 2023. 
  4. REDACCIÓN (2023-07-30). "Os Galos recuerda en su revista anual las vivencias del argonauta Gonzalo Viana". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-07-30. 
  5. "La Asociación Os Galos de Bueu publica la octava entrega de su revista". Pontevedra Viva (en castelán). 2014-06-29. Consultado o 2023-07-30. 
  6. xornaldebueu (2022-07-29). "Os Galos presenta a súa revista e proxecta un vídeo en recordo a Víctor Domínguez". Xornal de Bueu. Consultado o 2023-07-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]