Os Artistiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os artistiñas, tamén coñecidos como Grupo Volter, foi un grupo de artistas galegos formado na cidade de Ourense en 1963.[1]

O nome do grupo foi idea do intelectual ourensán Vicente Risco, que denominou deste xeito ó grupo de artistas que frecuentaban o bar do Tucho, que o mesmo Risco decidiu rebautizalo como "O´Volter", en recordo ó afamado Cabaret Voltaire de Zúric (Suíza),[2] no que se reunían artistas da vangarda europea, naquela época representados polos surrealistas.

Membros[editar | editar a fonte]

O Grupo estaba formado por sete artistas, entre eles os escultores Acisclo Manzano, Buciños e Arturo Baltar, e os pintores Xaime Quessada, Xosé Luís de Dios, Virxilio e Xabier Pousa. Tamén estiveron vinculados ó grupo os pintores Enrique Ortiz Alonso, Prego de Oliver, Vidal Souto e Alexandro.

Características[editar | editar a fonte]

Conseguiron renovar a arte galega da época, estancada no folclorismo, a través das distintas vangardas europeas existentes dende principios do século XX, como o cubismo ou a abstracción.[3]

O´Volter (Bar do Tucho)[editar | editar a fonte]

Praza de Eironciño dos Cabaleiros, Ourense.

Situado na praza Eirociño dos Cabaleiros, na zona antiga de Ourense, foi rexentado por Vicente Fontenla, Tucho.[4] Dende 1963 foi o punto de reunión de artistas e intelectuais da época, e entre a súa clientela cabe destacar ós escritores e poetas Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Millán Picouto, Julito Losada; os escultores Failde, Ignacio Basallo e Baldomero Moreiras; o médico Conde Corbal; o xornalista Luís Trabazo; o historiador Xesús Ferro Couselo; o empresario Augusto Valencia e diversos ourensáns con inquedanzas.

O Volter pechou as súas portas en 1985[5] e o edificio foi derrubado a finais dos anos noventa.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tros de Ilarduya, Sofía (1998). O'Volter: encrucijada cultural de los sesenta. Barcelona: Ronsel. ISBN 8488413823. 
  • Almeida Rebollo, J. Alberto (2009). O'Volter: fragmentos para a memoria. Allariz, Ourense: J.A. Almeida. ISBN 9788461308231. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]