Luís Trabazo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Ourense, España |
Morte | 13 de novembro de 1978 (65/66 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , pintor |
Lingua | Lingua castelá |
Luís Vázquez Trabazo coñecido como Luís Trabazo, nado en Ourense en 1912 e finado na mesma cidade o 13 de novembro de 1978, foi un pintor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito. Participou na Guerra Civil onde gañou a medalla ao mérito individual. Comezou a pintar nos anos cincuenta e expuxo por primeira vez en 1959. Dirixiu unha galería de arte en Madrid. Foi xornalista e escribiu crítica de arte na revista Índice. Tamén foi un estudoso do Modernismo en Ourense, sobre o que publicou artigos en La Región. Publicou en 1969 o tratado de filosofía política ¿Violencia o razón?