Olinguito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olinguito
Bassaricyon neblina
Olinguito ZooKeys 324, solo.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Procyonidae
Xénero: Bassaricyon
Especie: B. neblina
Nome binomial
Bassaricyon neblina
Helgen, 2013
Distribución do olinguito

Distribución do olinguito

O olinguito, que significa en castelán "pequeno olingo", (Bassaricyon neblina) é un mamífero da orde dos carnívoros e familia dos prociónidos, pertencente ao xénero Bassaricyon.

O seu descubrimento foi anunciado o 15 de agosto de 2013.[1][2][3]

É a primeira especie de carnívoro atopada en América en 35 anos.

Descrición[editar | editar a fonte]

O olinguito é distinto do olingo e do kinkajou (kinkajous semellan olingos, pero non teñen relación entre si[4]). O seu peso medio é de 900 gramos, o que supón que é a especie máis pequena de prociónidos.[2][5] O animal é un omnívoro fruxívoro[3] que se alimenta de froitas (como os figos), insectos e néctar, o que fai que as súas feces teñan aspecto de pequenos arandos.[6][5] Pénsase que ten costumes solitarios e nocturnos.[3] Tamén semellan ser estritamente arborícolas.[3] Teñen un só par de mamas, e probablemente ten unha única cría cada vez.[3][5]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Exemplares desta especie foron identificados na selva neboenta dende o centro de Colombia ó oeste de Ecuador,[5] e foron confirmados como especies en liberdade.[2] Esta especie non está considerada polo momento como en risco,[2] pero crese que arredor do 40% do hábitat orixinal deste animal xa foi deforestado.[2][6]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

O seu descubrimento foi anunciado o 15 de agosto de 2013 por Kristofer Helgen, un comisario dos mamíferos no National Museum of Natural History, Roland Kays, experto en olingos do Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte, e os seus colaboradores.[7][8][2][3][9] Helgen descubriu exemplares da especie no almacén do Mueso Field de Chicago e usou test de ADN para confirmar a nova especie.[5]

O descubrimento supón a primeira identificación dunha nova especie mamífera carnívora en América en 35 anos.[2][3] A especie non foi identificada antes, malia ser visto regularmente e mesmo aparecer publicamente, xa que fora confundido cos seus curmáns taxonómicos, os olingos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cutest Carnivora Mammal Discovered Called 'Olinguito'
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Stromberg, Joseph (15 August 2013). "For the First Time in 35 Years, A New Carnivorous Mammal Species is Discovered in the American Continents". Smithsonian Magazine. http://www.smithsonianmag.com/science-nature/For-the-First-Time-in-35-Years-A-New-Carnivorous-Mammal-Species-is-Discovered-in-the-Western-Hemisphere--219762981.html. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Roland Kays. Press conference at North Carolina Museum of Natural Sciences. Livestream (video). 15 August 2013 [1]
  4. K.-P. Koepfli, M. E. Gompper, E. Eizirik, C.-C. Ho, L. Linden, J. E. Maldonado, R. K. Wayne (2007-06). "Phylogeny of the Procyonidae (Mammalia: Carvnivora): Molecules, morphology and the Great American Interchange". Molecular Phylogenetics and Evolution 43 (3): pp. 1076–1095. DOI:10.1016/j.ympev.2006.10.003. PMID 17174109. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 O'Brien, Jane (15 de agsoto 2013). "Olinguito: 'Overlooked' mammal carnivore is major discovery". BBC News. http://www.bbc.co.uk/news/science-environment-23701151. 
  6. 6,0 6,1 Landau, Elizabeth (15 de agosto de 2013). "New cute furry mammal species discovered". CNN. http://www.cnn.com/2013/08/15/world/americas/new-mammal-smithsonian/. Consultado o 15 de agosto 2013. 
  7. Kim, Meeri (16 de agosto de 2013). "Smithsonian unearths a new species of mammal: The olinguito". Washington Post. http://www.washingtonpost.com/national/health-science/smithsonian-unearths-a-new-species-of-carnivore---the-olinguito/2013/08/15/2fb13b6c-051a-11e3-a07f-49ddc7417125_story.html. Consultado o 16 August 2013. 
  8. "New animal discovered in Andes". WRAL. http://www.wral.com/news/local/video/12780040. Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  9. "A new mammal. Peekaboo". The Economist. 17 de agosto de 2013. http://www.economist.com/news/science-and-technology/21583594-peekaboo. Consultado o 15 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Olinguito
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Olinguito

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]