O sol do verán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sol do verán
Título orixinalO sol do verán
Autor/aCarlos Casares (1941-2002)
Ilustrador/anon ten ilustracións
CubertaEgon Schiele
OrixeGalicia
LinguaGalego
Colección«Literaria»   e
«Biblioteca Carlos Casares»
Tema(s)suicidio, lembranzas
Xénero(s)novela
EditorialGalaxia
Data de pub.19 de abril de 2002
Páxinas244-248 segundo edicións [2]
ISBNISBN 84-8288-514-6
Precedido porA vida do padre Sarmiento
Seguido por(é o derradeiro editado en vida)
editar datos en Wikidata ]

O sol do verán é unha novela en lingua galega do ourensán Carlos Casares Mouriño, conformada por nove capítulos e publicada por vez primeira pola Editorial Galaxia en 2002[3], algo máis dun mes despois do pasamento do escritor.

Descrición[editar | editar a fonte]

No relato, ambientado en 1968, Carlos, o protagonista, que comparte nome, data de nacemento e ata a marca da motocicleta (Harley-Davidson) co autor do libro, suicídase pegándose un tiro na cabeza na bañeira. Helena (coprotagonista), amiga da infancia, rememora o tempo que pasaron xuntos nos veráns no Carpazal. A acción desenvólvese en Galicia (Beiro, Bóveda, Allariz, Ourense, Tarascón…)

Outros personaxes do texto son: Arturo, marido de Helena; Carmela e Indalecio, pais de Helena; Mercedes e Adolfo, tíos de Helena; Mariví, irmá de Helena; Amparo, noiva de Carlos; Leopoldo e Elisa, pais de Carlos; Anselmo, Delfina e Susa, criados, e Rafaela, avoa de Helena.

Na obra aparecen varias referencias culturais contemporáneas (José María Pemán, o xornal ABC, o profesor Aranguren, os monos de Gibraltar…)

A verdade de ser e de sentir
         Albert Camus   (cita inicial).

Edicións[editar | editar a fonte]

Casares entregoulle a Damián Villalaín,[4] subdirector da editorial, a versión definitiva da novela xustamente o día do seu falecemento.[5] O libro rematouse de imprentar nos talleres de Obradoiro Gráfico no Polígono Industrial do Rebullón, de Mos, o 19 de abril de 2002. Saíu á venda o Día Internacional do Libro e presentouse ao público o 8 de maio.[5]

En 2003 foi traducido ao castelán, publicado pola Editorial Alfaguara[6] e en 2004 editouse en castelán en braille, pola ONCE.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schiele era un dos pintores favoritos de Casares.[1] Arquivado 17 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Coas súas obras ilustráronse as cubertas de varias edicións dos seus libros. Esta é a portada de O sol do verán.
  2. "Edición na colección «Biblioteca Carlos Casares» de Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016. 
  3. "Imaxe da portada da 1ª ed. Na colección «Literaria»". Arquivado dende o orixinal o 17/08/2016. Consultado o 15/07/2016. 
  4. Riveiro Coello, A. (2017). Carlos Casares. O neno que quería xogar co mundo. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-9757-313-9. 
  5. 5,0 5,1 "A derradeira novela de Carlos Casares". La Voz de Galicia (en castelán). 8/5/2002. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2016. Consultado o 16/12/2016. 
  6. Imaxe da portada da edición en castelán, de Alfaguara
  7. Biblioteca de Tradución Galega Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Universidade de Vigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]