Alfaguara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A editorial Alfaguara é unha editorial española que edita fundamentalmente narrativa e libros infantís e xuvenís. Foi fundada en 1964 polo escritor galego Camilo José Cela, onde publicou algunhas das súas obras e as de moitos escritores do momento. En 1980, a editorial é comprada polo Grupo Santillana. Dende aquela é un referente da literatura infantil e xuvenil, pois nela publicaron autores como Jordi Sierra i Fabra, Alfredo Gómez Cerdá, Laura Gallego, Elvira Lindo, Fernando Lalana e Joan Manuel Gisbert, entre outros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]