Nervio estato-acústico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nervio estato-acústico | |
|---|---|
| The course and connections of the facial nerve in the temporal bone | |
| Inferior view of the human brain, with the cranial nerves labelled. | |
| Gray: | subject #203 |
| Ramas | Nervio coclear, Nervio vestibular |
| MeSH | Vestibulocochlear+Nerve |
| Nervios craniais |
|---|
| CN I - Olfactorio |
| CN II - Óptico |
| CN III - Oculomotor |
| CN IV - Troclear |
| CN V - Trixémino |
| CN VI - Abducens |
| CN VII - Facial |
| CN VIII - Vestíbulo-coclear |
| CN IX - Glosofarínxeo |
| CN X - Vago |
| CN XI - Accesorio |
| CN XII - Hipogloso |
O nervio estato-acústico, nervio auditivo ou nervio vestibulo-coclear é o oitavo dos doce pares craniais. O seu nome débese á súa dobre función de audición e sensitivo para información nociceptiva. Leva a información dende o aparello auditivo ó cerebro. De camiño de oído ó cerebro atravesa o conduto auditivo interno, que se atopa no óso temporal.
Índice |
Composición do nervio [editar]
O VIII par cranial está composto por tres feixes:
- Nervio coclear: recibe información do órgano de Corti de tipo auditivo. Lévaa ó córtex temporal.
- Nervio vestibular superior: recolle información do utrículo e dos condutos semicirculares superior e externo.
- Nervio vestibular inferior: recolle información do sáculo e conduto semicircular posterior.
Funcións [editar]
Dúas funcións:
- Auditiva: procede do Órgano de Corti, pasa a través do nervio coclear e núcleo coclear, chega ós núcleos auditivos do troncoencéfalo e ó córtex auditivo, xeralmente no córtex temporal.
- Nociceptiva: recollida polos nervios vestibulares. Permite obter información da posición da testa.
Lesións [editar]
Unha lesión no feixe coclear produce xordeira do oído afectado. Nos outros feixes, prodúcense diversos síntomas: vertixe, perda de equilibrio, etc.
Relacións [editar]
Atópase intimamente ligado co óso temporal. No interior do conduto auditivo interno relaciónase tamén co VII par cranial (nervio facial e intermediario de Wrisberg).