Natália Correia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Natália Correia retratada por Bottelho.

Natália de Oliveira Correia, nada en Fajã de Baixo (São Miguel, Azores) o 13 de setembro de 1923 e finada en Lisboa o 16 de marzo de 1993, foi unha intelectual, poetisa e activista social portuguesa, autora dunha extensa e variada obra, predominantemente poesía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Cando tiña apenas once anos o pai emigrou para o Brasil, fixándose Natália coa mai e a irmá en Lisboa, cidade onde fixo estudos de bacharelato. Iniciouse na literatura coa publicación dunha obra destinada ao público infantil-xuvenil, mais rapidamente se afirmou como poetisa.

Natália Correia casou catro veces. Tras dous primeiros curtos casamentos, casou en Lisboa o 31 de decembro de 1953 con Alfredo Luiz Machado (1904-1989), maior que ela e xa viúvo. Este casamento durou até a morte deste, o 17 de febreiro de 1989. Son notábeis as cartas de amor de Natália a Alfredo Luiz Machado. En 1990, tiña Natália 67 anos de idade, celebrou un casamento de conveniencia co seu colaborador e amigo Dórdio Guimarães.

Na madrugada do 16 de marzo de 1993 morreu subitamente dun ataque cardíaco, na súa casa. Legou a maioría dos seus bens á Rexión Autónoma dos Azores, que lle dedicou unha exposición permanente na nova Biblioteca Pública de Ponta Delgada, institución que ten á súa garda parte do seu legado literario, que partilla coa Biblioteca Nacional de Lisboa. Consta este de moitos volumes editados, inéditos, documentos biográficos, iconográficos e correspondencia, incluíndo múltiples obras de arte e a biblioteca privada.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Dotada de talento oratorio pouco corrente e grande coraxe combativa, Natália Correia tomou parte activa nos movementos de oposición ao Estado Novo, participando no MUD (Movimento de Unidade Democrática, 1945), no apoio ás candidaturas para a Presidencia da República do xeneral Norton de Matos (1949) e de Humberto Delgado (1958) e na CEUD (Comisión Eleitoral de Unidade Democrática, 1969). Foi condenada a tres anos de cárcere, con pena suspendida, pola publicación da Antoloxía da Poesía Portuguesa Erótica e Satírica, considerada ofensiva dos costumes, (1966) e procesada pola responsabilidade editorial das Novas Cartas Portuguesas de Maria Isabel Barreno, Maria Velho da Costa e Maria Teresa Horta.

A intervención política pública de Natália Correia levouna ao parlamento coas listas do PPD (Partido Popular Democrático), pasando a independente. Foi deputada da Asemblea da República Portuguesa entre os anos 1980 e 1991.

Foi autora de polémicas intervencións parlamentares, das cales foi moi coñecida, nun debate sobre o aborto, en 1982, a réplica satírica que fixo a un deputado do CDS sobre a fertilidade del. Interveu politicamente en cultura e patrimonio, na defensa dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres.

Carreira literaria[editar | editar a fonte]

A obra de Natália Correia esténdese por xéneros variados, dende a poesía a novela, teatro e ensaio. Colaborou con frecuencia en diversas publicacións portuguesas e estranxeiras. Foi unha figura central das tertulias que reunían en Lisboa nomes centrais da cultura e da literatura portuguesas nas décadas de 1950 e 1960. Ficou coñecida pola súa personalidade libre de convencións sociais, vigorosa e polémica, que se reflicte na súa escrita. A súa obra está traducida en varias linguas.

Notabilizada a través de diversas vertentes da escrita, xa que foi poetisa, dramaturga, romancista, ensaísta, tradutora, xornalista, guionista e editora, tornouse coñecida na prensa escrita e, sobre todo, na televisión, co programa Mátria, onde avogou unha forma especial de feminismo – afastado do concepto politicamente correcto do movemento — o matricismo —, identificador da muller como arquetipo da liberdade erótica e pasional e fonte matricial da humanidade; mais tarde, á noción de Pátria e de Mátria acrecenta a de Frátria.

Foi responsábel da coordinación da Editora Arcádia, unha das grandes editoras portuguesas do tempo.

Fundou en 1971, con Isabel Meireles, Júlia Marenha e Helena Roseta, o bar Botequim, onde durante as décadas de 1970 e 1980 se reuniu grande parte da intelectualidade portuguesa. Foi amiga de António Sérgio (esteve asociada ao Movemento da Filosofía Portuguesa), David Mourão-Ferreira (que a chamaba "a irmán que nunca tiven"), José-Augusto França (que a alcumaba "a mais linda muller de Lisboa"), Luiz Pacheco (que a chamaba "esta hierofântide do século XX"), Almada Negreiros, Mário Cesariny (que dicía que "era moito mais linda que a mais bela estatua feminina do Miguel Ângelo"),[1] Ary dos Santos ("beleza sen costura")[2], Amália Rodrigues, Fernando Dacosta, entre moitos outros. Foi unha entusiasmada e grande impulsora da aparición do espectáculo de café-concerto en Portugal, na figura do polémico travesti Guida Scarllaty, o actor Carlos Ferreira, na época un novo arquitecto de quen era grande amiga. Na súa casa, foi anfitrión de escritores famosos como Henry Miller, Graham Greene ou Ionesco.

Foi autora da letra do Himno dos Azores. Xuntamente con José Saramago, Armindo Magalhães, Manuel da Fonseca e Urbano Tavares Rodrigues foi, en 1992, un dos fundadores da Frente Nacional para a Defesa da Cultura (FNDC).

Natália Correia recibiu, en 1991, o Grande Premio de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores polo libro Sonetos Românticos. No mesmo ano foille atribuída a Orden da Liberdade; era xa detentora da Orden de Santiago.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

  • Grandes Aventuras de um Pequeno Herói (romance infantil), 1945
  • Anoiteceu no Bairro (romance), 1946 ; 2004
  • Rio de Nuvens (poesia), 1947
  • Descobri Que Era Europeia: impressões duma viagem à América (viagens), 1951 ; 2002
  • Sucubina ou a Teoria do Chapéu (teatro), en colaboración con Manuel de Lima, 1952
  • Poemas (poesía), 1955
  • Dimensão Encontrada (poesía), 1957
  • O Progresso de Édipo (poema dramático), 1957
  • Passaporte (poesía), 1958
  • Poesia de Arte e Realismo Poético (ensaio), 1959
  • Comunicação (poema dramático), 1959
  • Cântico do País Emerso (poesía), 1961
  • A Questão Académica de 1907 (ensaio), 1962
  • Antologia de Poesia Portuguesa Erótica e Satírica: dos cancioneiros medievais à actualidade (antoloxía), 1965 ; 2000
  • O Homúnculo, traxedia xocosa (teatro), 1965
  • Mátria (poesía), 1967
  • A Madona (novela), 1968 ; 2000
  • O Encoberto (teatro), 1969 ; 1977
  • O Vinho e a Lira (poesía), 1969
  • Cantares dos Trovadores Galego-Portugueses (antoloxía), 1970 ; 1998
  • As Maçãs de Orestes (poesía), 1970
  • Trovas de D. Dinis, [Trobas d'el Rey D. Denis] (poesía), 1970
  • A Mosca Iluminada (poesía), 1972
  • O Surrealismo na Poesia Portuguesa (antoloxía), 1973 ; 2002
  • A Mulher, antologia poética (antoloxía), 1973
  • O Anjo do Ocidente à Entrada do Ferro (poesía), 1973
  • Uma Estátua para Herodes (ensaio), 1974
  • Poemas a Rebate, (poemas censurados de libros anteriores) (poesía), 1975
  • Epístola aos Iamitas (poesía), 1976
  • Não Percas a Rosa. Diário e algo mais (25 de abril de 1974 - 20 de decembro de 1975) (diario), 1978 ; 2003
  • O Dilúvio e a Pomba (poesía), 1979
  • Erros Meus, Má Fortuna, Amor Ardente (teatro), 1981 ; 1991
  • Antologia de Poesia do Período Barroco (antoloxía), 1982
  • Notas para uma Introdução às Cantigas de Escárnio e de Mal-Dizer Galego-Portuguesas (ensaio), 1982
  • A Ilha de Sam Nunca: atlantismo e insularidade na poesia de António de Sousa (antoloxía), 1982
  • A Ilha de Circe (novela), 1983 ; 2001
  • A Pécora, peza escrita en 1967 (teatro), 1983 ; 1990
  • O Armistício (poesía), 1985
  • Onde está o Menino Jesus? (contos), 1987
  • Somos Todos Hispanos (ensaio), 1988 ; 2003
  • Sonetos Românticos (poesía), 1990 ; 1991
  • As Núpcias (novela), 1992
  • O Sol nas Noites e o Luar nos Dias (poesía completa), 1993 ; 2000
  • Memória da Sombra, versos para esculturas de António Matos (poesía), 1993
  • D. João e Julieta, peza escrita en 1959 (teatro), 1999
  • A Ibericidade na Dramaturgia Portuguesa (ensaio), 2000
  • Breve História da Mulher e outros escritos (antoloxía de textos de imprenta), 2003
  • A Estrela de Cada Um (antoloxía de textos de imprenta), 2004

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A primeira vez que vi a Natália Correia foi no São Carlos. Eu estava na galeria ela no segundo balcão. Quando? Ui! Aí pelos anos 1950. Apesar de já não ter muito afecto a senhoras, ia caindo para o lado do espectáculo de beleza que ela apresentava. Era quase extra-humana, era muito mais linda que a mais bela estátua feminina do Miguel Ângelo. Era uma coisa impressionante. Mas era também uma mulher de um desdém muito grande. Cheguei a julgá-la assexuada ou frígida mas parece que não era bem isso…", Mário Cesariny, entrevistado por Carlos Câmara Leme, xornal Público, 16 de marzo do 2003.
  2. "A casaca", en Adereços, Endereços (1965)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]