Narva
|
|||||
| Condado | Condado de Ida-Viru | ||||
| Alcalde | Tarmo Tammiste | ||||
| Area | 84.54 km² | ||||
| Poboación (as of 2004) - Densidade |
67,355 796.7/km² |
||||
| Coordenadas | 59°23' N 28°12' E | ||||
Localización de Narva |
|||||
Narva (en alemán Narwa) e unha cidade de Estonia atopada na fronteira norte con Rusia. O río Narva flúe dende o Lago Peipus, directo á cidade. O 1 de xaneiro do 2004 a cidade tiña unha poboación de 67.355 habitantes nunha área de 84.54 km² o que dá unha densidade de poboación de 796.7 habitantes por km².
O 93,85% da poboación de Narva está formada por rusos, a maior parte inmigrantes da antiga Unión Soviética. A maior parte da cidade foi esnaquizada durante a Segunda Guerra Mundial, nos anos seguintes á reconstrución os rusos prohibiron ós estonianos voltaren, polo cal distribución étnica cambiou drasticamente.
Índice |
Historia [editar]
Fundado durante o reinado dinamarqués na Estonia setentrional no século XIII, o castelo e a cidade de Narva convertéronse en posesión da orde de Livonia despois de 1347. Capturado brevemente polo exército ruso en 1555, Narva cambiou de máns algunhas veces, e despois de 1581 foi controlada por Suecia. A cidade foi reconquerida por Rusia en 1704 e permaneceu no Imperio ruso ata a independencia estoniana en 1918. Ó longo do río Narva atópase un forte ruso, o forte de Ivangorod, fundado polo Gran Duque Ivan III de Moscovia en 1492 e chamados as veces Conde de Narva. Durante os tempos Soviéticos Narva e Ivangorod estaban irmandadas, a pesares de pertencer a diversas repúblicas. Antes da Segunda Guerra Mundial, Ivangorod (en estoniano coñecido como Jaanilinn) era parte de Narva.
Poboación [editar]
Segundo o censo de 2001, o 93,85% dos habitantes de Narva eran rusófonos (86,41% rusos), principalmente inmigrantes rusos da era soviética e os seus descendentes. Durante a Segunda Guerra Mundial a cidade de Narva foi destruída case na súa totalidade. Trala guerra, as autoridades soviéticas prohibiron a volta dos habitantes da preguerra (estonianos na súa maioría, formando o 64,8% da poboación segundo o censo de 1934), alterando radicalmente a composición étnica da vila.[1]
Habitantes célebres [editar]
O famoso xogador de xadrez Paul Keres e o ex-xogador do Real Club Celta de Vigo e empresario Valery Karpin naceron en Narva.
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- ↑ Toivo U. Raun, Estonia and the Estonians, Hoover Institution Press, Stanford University, 2001, ISBN 0817928529, p131