Condado de Ida-Viru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ida-Viru maakond
Flag of Ida-Viru County
Coat of Arms of Ida-Viru County
Bandeira Escudo de armas
Capital Jõhvi
Gobernador Ago Silde
Área 3,364 km²
Poboación ;- Densidade 174,809
52/km²
Location of Ida-Viru County
Paisaxe do condado de Ida-Viru

Ida-Virumaa (en estoniano maakond, "Viru oriental") é un dos 15 condados da Estonia, situado na parte nororiental do país, na fronteira con Rusia e de cara ao Golfo de Finlandia. Con 175.406 habitantes (xaneiro de 2006) sobre o 13% do total do país, é o segundo condado máis poboado cunha superficie de 3.364 km². Esta rexión é de todo punto particular e radicalmente diferente do resto do país. Ela coñeceu, a partir da Segunda Guerra Mundial, unha industrialización baseada na explotación dos xacementos de lousa bituminosa, que se acentuou a partir da ocupación soviética, facendo nacer cidades mineiras e marcando para sempre a paisaxe. As minas de uranio de Sillamäe conduciron os soviéticos a estableceren un dos principais centros de investigación atómica da URSS. A composición étnica é igualmente singular no contexto estoniano, froito da política de desprazamentos de poboación do período estalinista. A rexión conta actualmente cun 71% de rusos, 6% de habitantes doutras repúblicas ex-soviéticas e sobre un 20% de estonianos. Os rusófonos non sempre posúen a nacionalidade estoniana, e a súa situación é un problema recurrente da política interior do país, así como das relacións co seu veciño oriental, Rusia.


Goberno rexional[editar | editar a fonte]

O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.


Subdivisións administrativas[editar | editar a fonte]

O condado de Ida-Viru está dividido en 23 concellos: seis urbanos ( en estoniano linn, unha sétima cidade, Jõhvi, que é a capital do condade forma parte dun concello rural) e dezaseis concellos rurais (en estoniano vald).


Concellos urbanos[editar | editar a fonte]

Concellos no condado de Ida-Virumaa

Concellos rurais[editar | editar a fonte]