Núria de Gispert
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1949 (75 anos) Barcelona | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargos Presidenta do Parlament (dende 2010) Conselleira de Xustiza da Generalitat (1995-2001) Conselleira de Gobernación da Generalitat (2001-2002) Conselleira de Xustiza e Interior da Generalitat (2002-2003) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Barcelona - licenciatura en Dereito | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de traballo | Barcelona | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | Política e avogada | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Partido político | Convergència i Unió | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Ignasi de Gispert i Jordà (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Dorotea de Chopitea (en) (tataravoa) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | nuriadegispert.wordpress.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lista
|
Núria de Gispert i Català, nada en Barcelona o 6 de abril de 1949, é unha política e avogada catalá, foi presidenta do Parlamento de Cataluña entre 2010 e 2015.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Núria de Gispert i Català é a filla do tamén político e avogado Ignasi de Gispert i Jordà, e descendente da insigne benefactora Dorotea de Chopitea. De Gispert licenciouse en Dereito pola Universidade de Barcelona. Ten o título de interpretación xurada polo Ministerio de Asuntos Exteriores. Exerceu de avogada desde 1971 ata 1973. Ademais, foi funcionaria da Deputación de Barcelona desde 1974 a 1980.
Foi militante da Unió Democràtica de Catalunya desde 1986 e membro da Federación de Convergència i Unió e tras a súa separación de UDC e CDC foi unha das fundadoras de Demòcrates de Catalunya. Foi secretaria xeral de Xustiza e de Gobernación desde 1984 a 1993 e vicepresidenta do Comité Director para a Organización da Administración da Generalitat de Cataluña desde 1993 ata o 1994. É vicepresidenta de Relacións Institucionais do Comité de Goberno de UDC e membro do Consello Nacional.
No Goberno de Cataluña 1992-1995 presidido por Jordi Pujol, foi nomeada conselleira de Xustiza en substitución de Antoni Isac i Aguilar nunha remodelación do goberno que se produciu o 1 de xaneiro de 1995. No Goberno de Cataluña 1995-1999 e Goberno de Cataluña 1999-2003, continuou no cargo da consellería de Xustiza pero tras os axustes no goberno que houbo o 5 de febreiro de 2001, foi nomeada conselleira de Gobernación substituíndo a Josep Antoni Duran i Lleida. Estivo un ano na consellería ata que nunha nova remodelación do goberno, foi nomeada Xustiza e Interior (unificando os dous departamentos). presidiu a parte catalá da Comisión Mixta de Transferencias Estado-Generalitat e foi relatora do Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006.
Foi elixida deputada no Parlamento de Cataluña nas eleccións do 2003, as de 2006 e as do 2010.
Polo seu labor como avogada, recibiu a Cruz de honra de Sant Raimon de Penyafort (1998), a Cruz ao Mérito ao Servizo da Avogacía Española (2002) e a Medalla do Colexio de Avogados de Barcelona (2004). É colexiada, sen exercicio, do Colexio de Avogados de Barcelona. É membro da Academia de Xurisprudencia e Lexislación de Cataluña desde 2006 e defensora do mutualista da Mutua dos Avogados (2005).[1]
Durante a campaña electoral das eleccións ao Parlamento de Cataluña 2010, fíxose público que se CiU tiña unha ampla maioría na cámara catalá, sería elixida como presidenta do Parlamento.[2]
O 16 de decembro de 2010, foi elixida presidenta do Parlamento de Cataluña na sesión constitutiva da cámara para a IX lexislatura, sendo a primeira muller en ocupar este cargo.
Cargos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Antoni Isac i Aguilar |
Conselleira de Xustiza da Generalitat de Cataluña 1995-2001 |
Sucesor: Josep Delfí Guàrdia i Canela |
Predecesor: Josep Antoni Duran i Lleida |
Conselleira de Gobernación da Generalitat de Cataluña 2001-2002 |
Sucesor: Josep Maria Pelegrí i Aixut |
Predecesor: Josep Delfí Guàrdia i Canela (Xustiza) Xavier Pomés i Abella (Interior) |
Conselleira de Xustiza e Interior da Generalitat de Cataluña 1995-1997 |
Sucesor: Josep Maria Vallès i Casadevall (Xustiza) Montserrat Tura (Interior) |
Predecesor: Ernest Benach |
Presidenta do Parlamento de Cataluña 2010-2015 |
Sucesor: Carme Forcadell |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha de Deputada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2012.
- ↑ Mas di que, se goberna CiU, Núria de Gispert será a presidenta do Parlament Arquivado 25 de novembro de 2010 en Wayback Machine. (en catalán).