Ernest Benach
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernest Benach i Pascual, nado en Reus o 12 de novembro de 1959, é un político catalán de ideoloxía independentista catalá e militante de ERC. Os seus pais eran mestres do Liceu Verge de Montserrat, propiedade da súa avoa Antonia. Estudou neste mesmo colexio e máis tarde na cidade de Barcelona.