Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Estatuto de Autonomía de Cataluña é a norma institucional básica de Cataluña de acordo co establecido ao título oitavo da Constitución española de 1978.

O Parlamento de Cataluña aprobou o 30 de setembro de 2005 a Proposta de Novo Estatuto de Autonomía de Cataluña que foi aceptada a trámite polo Congreso dos Deputados o 2 de novembro de 2005. Posteriormente, o estatuto foi aprobado en referendo polo pobo de Cataluña o 18 de xuño de 2006 e, en maio de 2006, polas Cortes Xerais españolas, logo de ser modificado. Está vixente desde o 9 de agosto do mesmo ano.

Denomínase tamén Estatuto de Miravet porque foi en Miravet onde se reuniron parlamentarios cataláns de todos os partidos por ver de botalo adiante.

Índice

Un estatuto polémico [editar]

O Estatuto de Miravet, foi presentado ao Congreso dos Deputados o 2 de novembro de 2005, por tres relatores do Parlamento de Cataluña. Os relatores, Artur Mas (CIU), Manuela de Madre (PSC) e Josep-Lluís Carod-Rovira (ERC), que explicaron por que era necesaria a Reforma do actual Estatuto de Autonomía de Cataluña que foi redactado a Sau e aprobado o ano 1979, fundamentando que Catalunya é unha nación, e relatando os cambios que sufriu a sociedade nos últimos 26 anos, desde a entrada de España na Comunidade Europea.

O mesmo día da súa aceptación a trámite, o 2 de novembro de 2005, o Partido Popular, presentou un Recurso de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional. Máis tarde rexeitouse, posto que o tribunal considerou que non se pode presentar un recurso de inconstitucionalidade por unha lei non aprobada.

Logo dunha longa e crispada negociación de emendas entre os partidos con representación no Congreso dos Deputados, fixéronse variacións en numerosos artigos. En maio de 2006, a proposta de Estatuto foi aprobada no Senado, co voto favorable do PSOE, CIU e IU, a abstención de ERC, EA e o PAR, e o voto contrario do PP.

O estatuto aprobarase en referendo popular o 18 de xuño, con 73,9% dos votos a favor, un 20,76% en contra e un 5,34% de votos en branco. Os votos nulos non chegaron ao 1%. A xornada estivo claramente marcada pola baixa participación, pouco máis do 49% do censo electoral.

Tras ser aprobado en referendo, e logo de que o rei dese dese o seu visto e prace, o estatuto foi publicado no BOE e entrou en vigor o 9 de agosto de 2006.

Cronoloxía [editar]

  • 9 de febreiro 2004: constitución do relatorio parlamentario de redacción do Estatuto.
  • 30 de setembro 2005: aprobación no Parlamento de Cataluña.
  • 2 de novembro 2005: aceptación a trámite nas Cortes Xerais españolas.
  • 2 de novembro 2005: presentación do PP dun recurso de inconstitucionalidade, posteriormente rexéitase.
  • 2 de novembro 2005: presentación no Congreso dos Deputados por parte de tres parlamentarios cataláns.
  • 10 de maio 2006: aprobación nas Cortes Xerais españolas.
  • 1 de xuño 2006: inicio de campaña de ratificación en referendo.
  • 18 de xuño 2006: aprobación do texto en referendum popular.
  • 19 de xullo 2006: sanción e promulgación do Estatuto por parte do rei.
  • 20 de xullo 2006: publicación do texto estatutario no BOE e no DOGC.
  • 9 de agosto 2006: Entrada en vigor do Estatuto.

Compilación de prensa internacional [editar]

Aprobación en referendo [editar]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: