Muraño de Cabrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muraño de Cabrera
Neomys anomalus
Neomys anomalus
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Soricidae
Subfamilia: Soricinae
Xénero: Neomys
Especie: N. anomalus
Nome binomial
Neomys anomalus
(A.Cabrera, 1907)
Mapa de distribución de N. anomalus

Mapa de distribución de N. anomalus
Sinonimia
  • amphibius. Brehm, 1826
  • josti. Martino, 1940
  • milleri. Mottaz, 1907
  • mokrzeckii. Martino, 1917
  • rhenanus. Lehmann, 1976
  • soricoides. Ognev, 1922

O muraño de Cabrera ou murgaño de Cabrera (Neomys anomalus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O murgaño de Cabrera é de pequeno tamaño, de 6 a 9 cm de tronco, e de 4 a 6 cm de cola, cun peso total de entre 7,5 a 16 g. A cor varía, o bandullo sempre é claro, case branco, e a cola é bicolor. As orellas están ocultas totalmente na pelame, o fociño é groso e os dentes de cor granate.

A orla das cerdas natatorias nos pés traseiros, está menos desenvolvida cá noutras especies de murgaño (Neomys fodiens), por estar menos ligado á auga.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Áchase en toda Europa e occidente de Asia, mais é menos abondoso có patibranco, faltando na Europa do norte e Inglaterra.

Habita en augas limpas e non contaminadas e fendas de mananciais. Nas montañas vive en pastos húmidos, en zonas pantanosas, ladeiras e prados húmidos; mesmo se lle acha ás veces nos edificios. É un bo indicador da pureza de ríos e regatos.

Comportamento[editar | editar a fonte]

Nada e mergulla moi ben, é activo as 24 horas, o seu metabolismo é semellante ao dos ratos. Escarva galerías nas beiras, é gregario, o seu niño é unha bóla grande e compacta de herba, raíces e brión, dentro dunha cavidade. A súa pel de veludo non se molla ao mergullar (inclusións de aire).

É territorial na época de celo, que dura dende abril a setembro, con frecuentes loitas, onde os animais berran, forte e perceptiblemente, teñen 2-3 camadas ao ano, de 4 a 8 crías, por camada, espidas e cegas, poden vivir 1 ou 2 anos.

Aliméntanse de insectos e outros pequenos invertebrados, caracois acuáticos, pequenos peixes e ras, adoitan devorar as súas presas, localizadas polo cheiro, en terra, raras veces na auga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Muraño de Cabrera
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Muraño de Cabrera

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]