Safari (navegador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  Safari
Compass icon matte.svg
O logotipo do Safari é un compás
Desenvolvedor: Apple Computer
Última versión: 5.1.2[1] (29 de novembro de 2011)
Sistema operativo: Mac OS X, Windows
Xénero: Navegador web
Licenza: Software non libre, LGPL
En galego:
Sitio web: www.apple.com/safari

Safari é un navegador web desenvolvido por Apple para a súa sistema operativo Mac OS X. O código utilizado para renderizar páxinas web está baseado no motor KHTML, creado para o proxecto KDE. Como resultado disto, o motor interno de Safari é software libre e é liberado baixo os termos da licenza GPL. As melloras ao código de KHTML por parte de Apple son incorporadas ao código de KDE rapidamente.

En xuño de 2007 Apple anunciou unha versión de Safari para Windows, e puxo a disposición pública unha versión beta da mesma.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira versión beta de Safari foi presentada na exposición Macworld no ano 2003. A súa versión 1.0 lanzouse en xuño de 2003. A versión 1.1 publicouse en outubro do mesmo ano e converteuse na primeira versión de Safari en ser o navegador predeterminado para Mac OS.

Anteriormente ao lanzamento de Safari, Apple incorporaba o navegador Internet Explorer para Mac de Microsoft ás súas computadoras como navegador predeterminado. No Mac OS X v10.3, Internet Explorer continúa sendo incluído, pero xa non é o navegador predeterminado, e en Mac OS X v10.4 só se atopa Safari.

Apple Computer e Sun Microsystems decidiron unirse para substituír o motor KHTML por un novo motor denominado Sunrise, e que se incorporaría nas novas versións de Safari.

Características[editar | editar a fonte]

  • Motor de renderizado KHTML
  • Interface de estilo metálico
  • Administración de marcadores similar á de iTunes
  • Integración da tecnoloxía multimedia de Apple, QuickTime
  • Navegación dividida en pestanas, do mesmo xeito que a maioría dos navegadores actuais
  • Caixa de texto para procura, a través do motor de procura de Google
  • Lectura de feeds (RSS)
  • Gardado de páxinas en arquivos locais

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Safari

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]