Mozilla Application Suite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mozilla Application Suite (orixinalmente coñecido como Mozilla, comercializado como Mozilla Suite) era unha multiplataforma integrada nunha suite de internet. O seu desenvolvemento foi iniciado por Netscape Communications Corporation, antes da súa adquisición por AOL. Estaba baseado no código fonte de Netscape Communicator. O desenvolvemento estivo liderado por la Organización Mozilla dende o 1998 ata o 2003 e pola Fundación Mozilla dende o 2003 ata o 2006. Foi substituído pola suite de internet SeaMonkey (SeaMonkey foi o nome código orixinal para o proxecto), unha suite de internet impulsada pola comunidade, que está baseada no mesmo código fonte e continuou a ser desenvolvido cos novos códigos base de Mozilla.

A suite Mozilla estaba composta por varios programas principais: Navigator (un navegador web), Communicator (Mozilla Mail & Newsgroups), un desarolador de páxinas web (Mozilla Composer), un cliente IRC (ChatZilla) e un caderno de enderezos electrónicos.

As versións 6 e 7 da suite Netscape foron baseadas na suite Mozilla. A última versión oficial é 1.7.13, como agora a Fundación Mozilla está centrada no desenvolvemento de Firefox e Thunderbird. A suite Mozilla está dispoñible baixo os termos da trilicenza do proxecto Mozilla, como libre e software de código aberto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mozilla Application Suite

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]