Morcego das fragas
| Morcego das fragas | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||
| ''Barbastella barbastellus'' Schreber, (1774) |
|||||||||||||||||||||
|
Distribución de Barbastella barbastellus.
|
|||||||||||||||||||||
| Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
O morcego das fragas (Barbastella barbastellus) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Vespertilionidae. É de tamaño medio, destacan as súas orellas grandes de forma cuadrangular, unidas na fronte no seu bordo interno. A pelame é bastante escura, entre negruzca e parda. A femia é lixeiramente maior có macho: de 35 a 42,5 mm de tamaño e un peso entre 5,6 e 13,7 g. Este morcego emite dous tipos de sinais ultrasónicas CF-FM, curtas e moi características, con máximos de intensidade en torno 32-37 e 41-43 kHz. A súa fórmula dental é
.
Índice |
Distribución [editar]
Está amplamente distribuído por Centroeuropa acadando o sur de Escandinavia, está presente no norte de África e na maioría das illas do Mediterráneo, , aínda que pode ser raro nestas rexións, chegando até Turquía e a península de Crimea en Ucraína. En España a maioría das observacións realizáronse na metade setentrional, áchase presente nas Illas Baleares, na illa de Mallorca e nas Canarias, nas illas de Tenerife e La Gomera.
Único representante do seu xénero en Europa. As poboacións das Illas Canarias inclúense na subespecie Barbastella barbastellus guanchae.
Hábitat [editar]
Trátase dun morcego pouco gregario, o tamaño das colonias adoitan ser de poucos individuos, normalmente por baixo dos 15 exemplares. Especie citada habitualmente en zonas montañosas e non especialmente asociado a zonas forestais, refúxiase tanto en árbores, como en casas e refuxios subterráneos, neste último caso sobre todo en inverno.
Ameazas [editar]
Ao tratarse dunha especie que en áreas forestais adoita ocupar buratos nas árbores, veríase afectado pola dispoñibilidade de árbores de tamaño suficiente. A maior parte das localizacións desta especie están situadas en edificacións antigas en ambientes rurais e poden verse afectados polos problemas habituais deste tipo de refuxios (remodelación, ruína e molestias...). Non obstante as colonias do morcego das fragas adoitan mudar con frecuencia de emprazamento e por isto veranse menos afectadas que outras especies que utilizan estes refuxios de forma máis estable (p. e. rinolófidos, Myotis emarginatus).
Notas [editar]
- (en castelán)'' Barbastella barbastellus no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf. Visto 5 de junio de 2009.
- ''(en inglés)'' Barbastella barbastellus en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Visto el 5 de junio de 2009.
- Estatus de conservación: Amori, G., Hutterer, R., Krystufek, B., Yigit, N., Mitsani, G. & Muñoz, L. J. P. 2008. Barbastella barbastellus. In: IUCN 2009. IUCN Lista Roja de Especies Amenazadas. Version 2009.1. <www.iucnredlist.org>. (NT).