Aves de rapina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A aguia de cabeza branca é un exemplo de ave de rapina.

As aves de rapina ou aves de presa son aves que cazan presas para alimentarse, utilizando o seu bico e as súas garras afiadas. As súas garras e picos tenden a ser relativamente grandes, potentes e adaptados para desgarrar e/ou perforar carne.

O termo "rapaz" deriva da palabra latina rapere, é dicir, "apoderarse" ou "tomar pola forza".[1]

Definición[editar | editar a fonte]

Tomado literalmente, o término "ave de presa" tene un significado amplo que inclúe moitas aves que cazan e alimentanse de animais e incluso aves que alimentanse de insectos moi pequenos.[2] Na ornitoloxía, e na definición utilizada aquí, o término ten un significado máis estreito e refirese ás aves que contan cunha moi boa vista que serve para encontrar alimentos, garras fortes para agarrar presas, e un forte pico curvado para desgarrar a carne.[3] A maioría das aves de presa tamén teñen fortes garras curvas para coller e matar á presa.[3] En xeneral, as aves de presa alimentanse de vertebrados que soen ser bastante grandes en relación ao tamaño da ave.[2] A maioría tamén alimentase de carroña, ao menos ocasionalmente, e no caso dos voitres e cóndores comen carroña como seu principal fonte de alimento.[3] A modo de exemplos, a definición máis estreita exclúe as cegoñas e as gaivotas, que chegan a comer pescados bastante grandes, en parte porque estas aves capturan e matan a súas presas por completo con seus picos.[2]

Con este conxunto de características anatómicas e de comportamiento, as especies que figuran a continuación son polo xeneral consideradas aves de presa na ornitología. As aves de presa poden dividirse en especies que cazan durante o día, as rapaces diúrnas (Falconiformes), e as especies que cazan durante a noite, as rapaces nocturnas (Estrixiformes). As aves rapaces diúrnas e nocturnas están alonxadas e clasificanse en distintos órdes. Sen embargo, súa evolución foi converxente, e ambos grupos de aves desenvolveron a súa propia adaptación ao estilo de vida depredador.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brown, Leslie. Birds of Prey. ISBN 185152732X.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Birds of Prey. ISBN 0831763817.
  3. 3,0 3,1 3,2 The Encyclopaedia of Birds.