Equidna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Equidna
Rango fósil: Mioceno - Actualidade
Equidna de fociño longo occidental
Equidna de fociño longo occidental
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Monotremata
Familia: Tachyglossidae
Gill, 1872
Especie

Xénero Tachyglossus
   T. aculeatus
Xénero Zaglossus
   Z. attenboroughi
   Z. bruijnii
   Z. bartoni
   †Z. hacketti
   †Z. robustus
Xénero †Megalibgwilia
   †M. ramsayi
   †M. robusta

Os Equidnas pertencen á familia Tachyglossidae da orde dos monotremas, é dicir mamíferos que poñen ovos. As catro especies existente, xunto co ornitorrinco, son os únicos membros sobreviventes desta orde e son os únicos mamíferos que poñen ovos. Malia que a súa dieta consiste en formigas e termitas, no están relacionados ós osos formigueiros de América máis que a calquera outro mamífero. Viven en Australia e Nova Guinea. Os equidnas reciben o seu nome do monstro da mitoloxía grega.