Mimosa (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

  • Este artigo trata sobre un xénero botánico, para a especie de acacia naturalizada en Galicia véxase:Mimosa.
xénero Mimosa

Follaxe e testas florais de Mimosa pudica
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Mimosoideae
Tribo: Mimoseae
Xénero: Mimosa
L. 1753
Especies

Véxase no texto,

Sinonimia
  • Acanthopteron Britton
  • Haitimimosa Britton
  • Leptoglottis DC. ex Standl.
  • Leptoglottis DC., nom. inval.
  • Lomoplis Raf.
  • Mimosopsis Britton & Rose
  • Morongia Britton
  • Neomimosa Britton & Rose
  • Pteromimosa Britton
  • Schranckiastrum Hassl.
  • Schrankia Willd.

Mimosa é un xénero que inclúe plantas herbáceas, arbustos, e árbores, dentro da subfamilia das Mimosóideas das Leguminosas. A especie máis curiosa do xénero é Mimosa pudica, coñecida simplemente como mimosa (non confundir coa Acacia dealbata) ou sensitiva, debido ao xeito no que move a súa follaxe ao ser tocada ou exposta á calor; mais hai moitas outras especies que tamén o fan á tardiña.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

O xénero distribúese desde o sur de México, até o Uruguai e a Arxentina, pasando por América Central, e é amplamente usado como ornamental, tanto en interiores como en áreas tépedas, e en exteriores nos trópicos. O seu cultivo fíxoa unha maleza invadindo moitas áreas, notabelmente en Hawai.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os membros deste xénero atópanse entre as poucas plantas capaces de executaren o movemento rápido; os exemplos fóra de Mimosa inclúen Codariocalyx Hassk., e tamén Dionaea Ellis (coñecida coma dionea papamoscas). Mimosa pode distinguirse dun amplo xénero relacionado, Acacia e Albizia, posto que as súas flores teñen 10 ou menos estames. Nótese que, botanicamente, o que parece ser unha soa flor globosa é de feito un acio de moitos outros individuos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero Mimosa ten unha historia torta e complxa, tendo períodos de subdivisións e de reagrupamentos, ultimamente acumulando máis de 3.000 nomes, moitos dos cales se sinonimizan baixo outras especies ou son transferidos a outros xéneros. En parte por mor deses cambios de circunscricións, o nome "Mimosa" aplicouse a varias outras especies vinculadas con follas semellantes pinnadas ou bipinnadas, mais agora clasificadas noutros xéneros, como en Albizia e Acacia.

Mimosa foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 516–523. 1753.[1] A especie tipo é: Mimosa sensitiva L.

Especies[editar | editar a fonte]

Mimosa hamanta en Hyderabad, India.
Mimosa antes de ser tocada.
Mimosa coas follas encolleitas inmediatamente despois de ser tocada.

Hai ao redor de 400 especies incluíndo:

  • Mimosa aculeaticarpa Ortega
  • Mimosa andina
  • Mimosa arenosa (Willd.) Poir.
  • Mimosa asperata L.
  • Mimosa borealis Gray
  • Mimosa camporum
  • Mimosa canahuensis Standl. & Steyerm.
  • Mimosa caste L.
  • Mimosa ceratonia L.
  • Mimosa claussenii
  • Mimosa diplotricha C.Wright ex Sauvalle
  • Mimosa disperma
  • Mimosa dysocarpa Benth.
    • Mimosa dysocarpa var. dysocarpa Benth.
  • Mimosa emoryana Benth.
  • Mimosa grahamii Gray
    • Mimosa grahamii var. grahamii Gray
  • Mimosa hostilis
  • Mimosa hystricina (Small ex Britt. et Rose) B.L.Turner
  • Mimosa lanuginosa
  • Mimosa latidens (Small) B.L. Turner
  • Mimosa laxiflora Benth.
  • Mimosa malacophylla Gray
  • Mimosa microphylla Dry.
  • Mimosa nuttallii (DC.) B.L. Turner
  • Mimosa pellita Kunth ex Willd.
  • Mimosa pigra L.
    • Mimosa pigra var. pigra L.
  • Mimosa pudica L. - A Mimosa sensitiva
  • Mimosa quadrivalvis L.
    • Mimosa quadrivalvis var. hystricina (Small) Barneby
  • Mimosa rhododactyla var. benthamii (J.F.Macbr.) Barneby (Sin.: Mimosa benthamii J.F.Macbr.)
  • Mimosa roemeriana Scheele
  • Mimosa rubicaulis Lam.:
    • Mimosa rubicaulis subsp. himalayana (Gamble) H.Ohashi (Sin.: Mimosa himalayana Gamble)
  • Mimosa rufescens Benth.
  • Mimosa rupertiana B.L. Turner
  • Mimosa scabrella Benth.
  • Mimosa schomburgkii Benth.
  • Mimosa somnians
  • Mimosa strigillosa Torr. et Gray
  • Mimosa tenuiflora (Willd.) Poir. (= Mimosa hostilis)
  • Mimosa texana (Gray) Small
  • Mimosa turneri Barneby
  • Mimosa verrucosa Benth.
  • Mimosa virgula

Usos[editar | editar a fonte]

En Rusia, Italia e outros países é costume agasalla ás mulleres, mimosas amarelas (xunto a outras flores) no día Internacional da muller (8 de marzo). Esa flor é de Acacia dealbata (a chamada comunmente mimosa en Galiza), que non é unha verdadeira Mimosa.

É amplamente usada en perfumaría, a extracción da súa esencia con éter de petróleo efectúase directamente a partir das flores apañadas.

La Forêt de Mimosas é unha obra cantada en francés por Kirsty MacColl que se trata dunha muller asasinada polo seu amante nunha foresta de mimosas.

A planta pode acharse en moitas partes de Bengala, onde se coñece como lajjabati (literalmente muller avergoñada).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mimosa (xénero)". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 5 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barneby, R.C. 1992. Sensitivae Censitae: A description of the genus Mimosa Linnaeus (Mimosaceae) in the New World. Memoirs of the New York Botanical Garden, vol. 65.
  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?300378 (9 de xaneiro de 2008)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]