Mike Patton
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mike Patton | |
|---|---|
| Nome completo | Michael Allan Patton |
| Alias | |
| Naceu | 27 de xaneiro de 1968 (45 anos) |
| Orixe | Eureka, California |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | voz, varios istrumentos electrónicos/programación, sampler, batería, percusións, baixo, guitarra, teclados |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Faith No More, Mr. Bungle, Fantômas, Tomahawk, Peeping Tom, Lovage, John Zorn, Kaada/Patton, Dillinger Escape Plan, Hemophiliac, Maldoror, General Patton vs. The X-Ecutioners, Rahzel, Zu |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Michael Allan Patton, nado o 27 de xaneiro de 1968, é un voalista, compositor, multi-instrumentista, produtor e actor estadounidense, coñecido por ser o cantante da banda de metal alternativo Faith No More. Tamén foi fundador e vocalista de Mr. Bungle, e tocou con Tomahawk, Fantômas, Lovage, The Dillinger Escape Plan e Peeping Tom.
Coñecido polas súas eclécticas influencias e proxectos experimentais, Patton gañouse a aclamación da crítica pola súa diversa colección de técnicas vocais. Ademais foi produtor ou co-produtor de artistas como John Zorn, Sepultura, Melvins, Melt-Banana e Kool Keith. En 1999 cofundou o selo Ipecac Recordings xunto con Greg Werckman, e dende entón encárgase de dirixilo.