Melt-Banana
| Melt-Banana | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Tokyo, Xapón |
| Período | 1992 - actualidade |
| Xénero(s) | noise rock, punk rock, rock experimental |
| Selo(s) discográfico(s) | A-Zap, Gold Standard Labs |
| Membros | Yasuko Onuki Ichirou Agata Rika Hamamoto |
| Antigos membros | Toshiaki Sudoh Oshima Watchma |
| Web oficial | web oficial |
Melt-Banana é unha banda xaponesa de noise rock procedente de Tokyo e formada no ano 1992. É coñecida por tocar un noise extremadamente rápido mesturado con electrónica experimental e estructuras de temas baseadas no pop. O grupo taballou con artistas tan variados como Merzbow, John Zorn, Mike Patton ou Discordance Axis. Levan editados nove álbum e teñen saido de xira por todo o mundo.
Índice |
Historia [editar]
En 1991, mentres asistía á Tōkyō Gaikokugo Daigaku (Universidade de Tokyo para Estudos Estranxeiros), Yasuko Onuki fundou unha banda chamada Mizu e, despois de pouco tempo ensaiando con outro guitarrista, recrutou a Ichirou Agata para tocar a guitarra no grupo. O batería e o baixista orixinais de Mizu deixárono seis meses despois de que chegase Agata, ocupándose Yasuko do baixo e as voces ata que atopou a Rika Hamamoto. Ao pouco tempo comezaron a realizar concertos por Tokyo sen batería. Toshiaki Sudoh uniríase á banda para tocar a batería en novembro de 1992 e entón decidiron cambiar o nome para o de Melt-Banana.
En maio de 1993 Melt-Banana fixo un concerto como teloneira de KK Null, que quedou impresionado e ofreceulles de inmediato un contrato co seu selo. Posteriormente os presentaría a Mark Fischer de Skin Graft Records e a Steve Albini.
Melt-Banana leva editados dez álbums e 23 EPs (principalmente compartidos con outras bandas, e recompilados a meirande parte deles nun disco en 2005). En 1997 fundaron a súa propia discográfica, A-Zap (antigamente Iguana Coax), e reeditaron case todos os seus primeiros traballos. Nese tempo o batería Toshiaki Sudoh deixou o grupo. Recentemente a banda tivo varios baterías apoiando as xiras e gravando álbums.
Melt-Banana fixo grandes xiras a través dos Estados Unidos e p Reino Unido e pequenas xiras polo Xapón (a razón disto, segundo a banda, é que viaxar por Xapón é demasiado caro). En 2007 Melt-Banana gravou a canción "Hair-Cat (Cause the Wolf Is a Cat!)" para a serie de Cartoon Network Perfect Hair Forever. O seu último traballo de estudio, Bambi's Dilemma, foi lanzado o 24 de abril de 2007, e un disco ao vivo titulado MELT-BANANA Lite LIVE:ver.0.0 apareceu o 3 de novembro do 2009.
Discografía [editar]
- Speak Squeak Creak - 1994
- Cactuses Come in Flocks - 1994
- Scratch or Stitch - 1995
- Charlie - 1998
- MxBx 1998/13,000 Miles at Light Velocity - 1999
- Teeny Shiny - 2000
- Cell-Scape - 2003
- 13 Hedgehogs (MxBx Singles 1994–1999) - 2005
- Bambi's Dilemma - 2007
- Melt-Banana Lite Live Ver 0.0 - 2009