Faith No More
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Faith No More | |
|---|---|
A banda en directo no 2009 |
|
| Información | |
| Orixe | San Francisco (California), Estados Unidos |
| Período | 1981 - 1998 2009 - actualidade |
| Xénero(s) | metal alternativo, rock experimental, funk metal, rock alternativo |
| Selo(s) discográfico(s) | Warner Music, Mordam, Slash, London, Reprise |
| Membros | Mike Patton Billy Gould Roddy Bottum Mike Bordin Jon Hudson |
| Antigos membros | Chuck Mosely "Big" Jim Martin Dean Menta Trey Spruance Mark Bowen Courtney Love Wade Worthington |
| Web oficial | http://www.fnm.com/ |
Faith No More é unha influente banda estadounidense de rock experimental formada en San Francisco, California en 1981 co nome de Faith No Man. O grupo separouse no ano 1998, pero volvería a reunirse en 2009.
Índice |
Traxectoria [editar]
Primeiros anos [editar]
A traxectoria de Faith No More comezou moito antes da formación da banda. No ano 1981, os amigos Mike Bordin e Billy Gould xa tocaban xuntos e formaban parte da banda Faith No Man, o embrión do que sería Faith No More. Bordin tocaba a batería, Billy era o baixista e completaban a formación Wade Worthington nos teclados e Mike "The Man" Morris na guitarra e na voz.
A sonoridade da banda era un híbrido entre The Cure e Sex Pistols, evidente nas composicións e na postura e voz de Mike "The Man", o líder da banda. Despois dalgúns meses, o teclista Worthington saíu da banda por desentendimentos. O escollido para substituílo foi Roddy Bottum, colega de cuarto de Billy. Desentendimentos resultantes da postura dictatorial do vocalista despertaron en Billy, Bordin e Roddy a idea de que a banda funcionaba mellor cando estaban sen o vocalista.
Coa intención de botar ao vocalista, os tres integrantes decidiron saír da banda, para inmediatamente montar un novo conxunto sen o vocalista. O nome da banda sería Faith No More, utilizando un xogo de palabras, xá que o vocalista Mike "The Man", non tocaría "No More" (nunca máis) con eles.
Os primeiros tempos da banda como Faith No More foron bastante erráticos. Un número enorme de guitarristas e vocalistas pasaron polo grupo antes de atopar a súa primeira formación estable. Entre os guitarristas que pasaron pola banda están: Mike Morris, Jake Crucifix, Mark Stewart, Desmond Trial, Scott Colbertson e Mark Bowen; e como vocalistas pasaron: Joe 'Pop-o-Pie' Pye, Walter, Paula Frazer, Mike Morris e Courtney Love.
A formación de Faith No More só gañou algunha estabilidade coa entrada do guitarrista Jim Martin e do vocalista Chuck Mosely en 1984. Con esa formación, en 1985 a banda gravou o seu primeiro disco, We Care a Lot, pola discográfica independente Mordam. Co disco a banda conseguiu un contrato coa discográfica Slash (subsidiaria da Polygram), e a consecuente posibilidade de alcanzar un público maior, que viu dous anos despois co álbum Introduce Yourself, no ano 1987. No disco aparecía unha renovada versión de "We Care a Lot", que tivo un éxito menor na MTV. Chuck Mosley sería despedido da banda en 1988 polo seu comportamento errático durante as sesións de gravación e os concertos.
The Real Thing [editar]
Mosley sería substituído polo vocalista Mike Patton. Patton, que cantara na súa banda do instituto, Mr. Bungle, foi fichado por recomendación de Martin, despois de que escoitase unha demo de Mr. Bungle. Patton deixou a Humboldt State University para unirse a Faith No More, e en dúas semanas escribiu todas as letras das cancións do que sería o álbum The Real Thing.
O video musical de "Epic" foi emitido regularmente pola MTV en 1990, a pesar das protestas de activistas polos dereitos dos animais por unha imaxe a cámara lenta dun peixe fóra da auga. Ese mesmo ano Faith No More realizou destacadas actuacións no MTV Video Music Awards (o 6 de setembro) e no Saturday Night Live (o 1 de decembro).
"From Out of Nowhere" e "Falling to Pieces" foron lanzadas como sinxelos, e unha versión do tema de Black Sabbath "War Pigs" tamén foi producida. En 1990 a banda iniciou unha extensa xira polos Estados Unidos, chegando The Real Thing a ser platino en Canadá, Estados Unidos e Sudamérica. O álbum tamén tivo vendas altas en Australia, Reino Unido e Europa, chegando ao redor dos 4 millóns de copias vendidas en todo o mundo.
En febreiro de 1991, Faith No More lanzou o seu único álbum ao vivo oficial, Live at the Brixton Academy. O álbum tamén incluía dous temas de estudio non editados anteriormente, "The Grade" e "The Cowboy Song". Ese mesmo ano a banda contribuíu coa canción "The Perfect Crime" á banda sonora de Bill & Ted's Bogus Journey. Jim Martin tamén realizaría un breve cameo no filme como "Sir James Martin" e cabeza do "Faith No More Spiritual and Theological Center".
Angel Dust [editar]
Faith No More amosou unha cara máis experimental no seu seguinte álbum, Angel Dust. Do disco editáronse como sinxelos as cancións "A Small Victory", "Midlife Crisis" e "Everything's Ruined". O traballo incluía unha gravación do tema da película Midnight Cowboy, e posteriores edicións tiñan tamén unha versión do clásico de The Commodores "Easy", que nalgunhas partes do mundo converteuse no maior éxito da banda. Angel Dust, a pesar de non ser tan exitodo como The Real Thing nos Estados Unidos, vendeu 665.000 copias nese país, e conseguiu vender máis que The Real Thing en moitos outros países. En Alemaña foi certificado ouro, ao vender máis de 250.000 copias. O álbum tamén acadaría o mesmo número de vendas que The Real Thing en Canadá e Australia, e o superaría nos Países Baixos, Francia, Rusia e o Reino Unido.
Despois de xirar para promocionar Angel Dust no verán de 1993, o guitarrista Jim Martin deixou a banda debido a conflitos internos. Segundo Roddy Bottum, Martin foi despedido a través dun fax, e o propio Martin dixo que a decisión de marchar foi súa. O guitarrista de Killing Joke Geordie Walker foi convidado a unirse a Faith No More despois da saída de Martin, pero declinou a invitación. O posto sería ocupado finalmente polo compañeiro de Mike Patton en Mr. Bungle, Trey Spruance, que deixaría o grupo despois de gravar o álbum de 1995 King for a Day... Fool for a Lifetime; xusto antes de que a banda comezase a súa xira mundial de presentación. Spruance foi substituído por Dean Menta, o técnico de teclados do grupo.
King for a Day... Fool for a Lifetime [editar]
O álbum King for a Day... Fool for a Lifetime varía moito en estilo entre canción e canción, pasando por xéneros como post-hardcore/punk, country e jazz, xunto con elementos típicos da banda, entrelazándose perfectamente. Del sacáronse os sinxelos "Digging the Grave", "Evidence" e "Ricochet". O disco foi ouro en Reino Unido, Australia, Nova Zelandia, Países Baixos e Alemaña, e vendeu ao redor do millón e medio de copias. Porén, estas vendas foron significativamente menores que a dos seus anteriores traballos, e a banda decidiu acurtar a súa xira a catro meses. Unha box set de 7 discos de 7 polgadas foi editada, incluíndo caras b e entrevistas.
Album of the Year [editar]
Album of the Year foi lanzado en 1997 e conta cun novo guitarrista, Jon Hudson, que fora un atigo compañeiro de habitación de Billy Gould. O álbum estreouse máis arriba do agardado, entrado nas listas de varios países europeos. Ata a data o disco leva vendidao ao redor dos dous millóns de copias en todo o mundo. Os sinxelos "Ashes To Ashes" e "Last Cup of Sorrow" tiveron un éxito mínimo. "Stripsearch" foi tamén lanzada como sinxelo en varios países.
Separación da banda [editar]
A comezos de 1998 comezaron a circular rumores sobre a inminente disolución de Faith No More. Empezando por un rumor escrito no grupo de noticias da banda alt.music.faith-no-more, que afirmaba que Mike Patton abandonara o grupo para centrarse no seu proxecto paralelo; este co tempo confirmaríase parcialmente como certo. Faith No More realizaría o seu derradeiro concerto o 7 de abril de 1998 en Lisboa.
A banda cancelou a súa xira de teloneira con Aerosmith e o 20 de abril anunciaría a súa separación.
Discografía [editar]
- We Care a Lot - 1985 (Mordam Records)
- Introduce Yourself - 1987 (Slash Records)
- The Real Thing - 1989 (Slash Records)
- Angel Dust - 1992 (Slash Records)
- King for a Day... Fool for a Lifetime - 1995 (Slash Records)
- Album of the Year - 1997 (Slash Records)
- Zombie - 2011
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)