Francotirador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un equipo formado por un francotirador e un observador da Forza Aérea dos Estados Unidos.

Un francotirador é un soldado de infantería experto en tarefas de camuflaxe e tirador de elite, que dispara cun fusil a grandes distancias e desde un lugar oculto, a obxectivos seleccionados. Típica e idealmente, un francotirador hábil acércase ao inimigo (que descoñece a súa presenza), utiliza unha soa bala por branco e retírase sen ser visto.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe do termo sitúase na Guerra franco-prusiana de 1870-1871. As melloras técnicas permitiron ao exército francés dotarse de rifles de longo alcance, ideais para abater inimigos dende posicións afastadas. Os soldados prusianos chamábanos "franc-tireurs", ("tiradores franceses"). Esta situación foi a que levou aos soldados alemáns a cometer crimes en contra da poboación civil, especialmente en Bélxica, durante a primeira guerra mundial, pois aínda tiñan o recordo das baixas producidas por estes tiradores durante o conflito anterior[Cómpre referencia].

Nas últimas décadas o termo francotirador foi utilizado libremente, especialmente por medios de comunicación en asociación cos tiradores de precisión da policía, para os responsables en asasinatos, a aqueles que disparan a distancias longas e para calquera criminal que está equipado dun rifle nun contexto civil.

Estes novos significados deron á palabra francotirador connotacións pexorativas. Tamén explica o incremento do uso de termos alternativos, especialmente para francotiradores da policía, como tirador de precisión, tirador de elite ou tirador táctico.

Francotiradores militares[editar | editar a fonte]

Os países teñen distintas doutrinas militares con respecto aos francotiradores en unidades militares, escenarios e tácticas. Xeralmente, a meta dun francotirador en guerra é reducir a capacidade de loita do inimigo abatendo un número pequeno de brancos importantes, como son os oficiais.

As doutrinas militares soviéticas e derivadas inclúen pelotóns de francotiradores que adoitan ser denominados "tiradores de elite" ou "infantería asignada". Isto débese a que a súa habilidade perdeuse entre as tropas ordinarias cando os fusís de asalto empezaron a ser utilizados.

Os francotiradores do Reino Unido, Estados Unidos e doutrinas derivadas teñen despregados a equipos de dous homes, un francotirador e un observador. Teñen cadansúa función, e polo tanto a súa asignación corresponde as súas habilidades, pero e unha práctica común que se intercambien os papeis para evitar a fatiga ocular.

As misións típicas incluían recoñecemento, vixilancia, tarefas contra francotiradores inimigos, eliminar comandantes inimigos, seleccionar obxectivos de oportunidade e incluso eliminar equipo militar, o que require o uso de rifles de gran calibre como o .50 BMG e o .338 Lapua Magnum. Recentemente demostrouse que os francotiradores son útiles nas forzas estadounidenses e británicas na guerra do Golfo como fogo de apoio para cubrir o movemento de tropas, especialmente en zonas urbanas.

Nas Guerras iugoslavas, así como no sitio de Beirut, o termo "francotirador" facía referencia a soldados que aterrorizaban a civís. Durante o sitio de Saraxevo a rúa principal da cidade era coñecida como a Avenida dos Francotiradores, onde estes feriron a 1.030 persoas e mataron a outras 225.

Francotiradores policiais[editar | editar a fonte]

As forzas policiais adoitan despregar francotiradores en escenarios con reféns. Estes francotiradores están adestrados para actuar como último recurso, cando hai unha ameaza directa á vida. Os francotiradores da policía actúan xeralmente en distancias máis cortas cós francotiradores militares, normalmente menos de 100 metros, e en ocasións menos de 50 metros. Os francotiradores policiais non acostuman intentar disparar para matar, senón que disparan para incapacitar, sendo salientable o uso de balas de area, para desarmar os individuos sen provocarlles graves danos.

Outras utilizacións para os francotiradores da policía son menos comúns e máis polémicas. Nun incidente, un francotirador SWAT previu un suicidio potencial disparando ao revólver da man do obxectivo. A pesar do éxito, as gravacións en vídeo revelaron que o branco apenas puido evitar o dano grave debido á metralla.

As probas subsecuentes de pistolas, rifles e coitelos deron lugar a explosións potencialmente perigosas ou case nunca inhabilitaron algunhas armas de todo. Varios intentos posteriores por outras forzas policiais de desarmar con francotiradores deron lugar a miúdo á morte ou lesións permanentes severas do obxectivo. Ademais, disparar unha bala na dirección do obxectivo é considerado forza mortal en moitas xurisdicións, e o uso de forza mortal para evitar unha vítima de suicidio e considerado ilegal en moitos lugares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]